A selección de fútbol de Camboxa (en ) é o equipo representativo de Camboxa nas competicións oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol de Camboxa (សហព័ន្ធកីឡាបាល់ទាត់កម្ពុជា), pertencente á Confederación Asiática de Fútbol (AFC) e á FIFA. No período entre 1970 e 1975 o equipo recibiu o nome de selección de fútbol da República Khemer, mentres que entre 1975 e 1979 recibiu o nome de selección de fútbol de Kampuchea. Alcumados os Guerreiros angkor, aínda que nunca conseguiron participar na fase final dunha Copa do Mundo, conseguiron clasificarse para unha Copa Asiática. Na edición na que participaron, en 1972, conseguiron finalizar en cuarto lugar após perderen en semifinais por 2–1 ante .
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Federación de Fútbol de Camboxa Perfil de Camboxa na páxina web da FIFA
Categoría:Fútbol en Camboxa