Luis Javier Mosquera Lozano, nado en Yumbo o 27 de marzo de 1995, é un levantador de pesas olímpico colombiano. Representou ao seu país na competencia de levantamento de pesas de menos de 69 kg masculino nos Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro (no Brasil) o 9 de agosto de 2016, gañando a medalla de bronce. O 25 de xullo de 2020, volveu gañar unha medalla olímpica, desta volta de prata, nos Xogos de Toquio na competencia de halterofilia de menos de 67 kg masculino.

Carreira deportiva Mosquera provén dunha familia de deportistas vallecaucanos. Iniciou o seu palmarés deportivo aos 15 anos, cando obtivo o primeiro lugar no Campionato Panamericano de Halterofilia na categoría Sub-15.

Nos Xogos Panamericanos de Toronto 2015 gañou tres medallas de ouro na categoría de 69 quilogramos, nas modalidades de arranque (150 kg), envión (186 kg), cun total de 336 kg; o que o levou a conseguir unha cota nos Xogos Olímpicos de Río do seguinte ano.

En Río 2016 terminou cuarto lugar detrás de Izzat Artykov de Kirguizistán, quen logo foi descualificado por non pasar unha proba de drogas para mellorar o rendemento. Recibiu a medalla de bronce tres anos despois, o 28 de marzo de 2019.

No LXXXV Campionato Mundial de Halterofilia, celebrado en Pattaya (Tailandia) entre o 18 e o 27 de setembro de 2019, quedou en quinto lugar, levantando un total de 320 quilos (145 quilos en arranque e 175 en envión).

Notas

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados no departamento de Valle del Cauca Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas olímpicos en halterofilia Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Colombia Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Colombia Categoría:Halterófilos olímpicos de Colombia‎ Categoría:Halterófilos nos Xogos Olímpicos de 2016‎ Categoría:Halterófilos nos Xogos Olímpicos de 2020‎