Juan Miguel Teijeiro de la Rosa, nado na Coruña o 31 de marzo en 1939, é un militar e historiador galego.

Traxectoria

Fillo de Juan Teijeiro Flores e María del Carmen de la Rosa Osende. Militar, alcanzou o grao de xeneral de división. Licenciado en Ciencias Políticas e Económicas, doutor en Historia e avogado. Retirado de militar, dedícase á investigación histórica, fundamentalmente de historia militar.

Obras

La Real Hacienda Militar de Fernando VII. El cuerpo administrativo militar, 1995. Cargadores de Indias y marinos: los La Rosa, 2005. Dinero y ejércitos en España. De la antigüedad al siglo XXI, 2016.

Obras colectivas "La Real Hacienda Militar en el siglo XVIII", en De la Paz de París a Trafalgar (1763-1805). La Hacienda Militar. 500 años de Intervención en las Fuerzas Armadas. Recoñecementos Gran Cruz do Mérito Militar. Gran Cruz do Mérito Aeronáutico. Gran Cruz de San Hermenexildo.

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1939 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Avogados da Coruña