Neroli Susan Fairhall MBE, nada en Christchurch o 26 de agosto de 1944 e finada o 11 de xuño de 2006, foi unha atleta de Nova Zelandia e a primeira competidora parapléxica nos Xogos Olímpicos.
Traxectoria Fairhall comezou a practicar tiro con arco após dun accidente de moto que a deixou paralizada de cintura para abaixo, acabando coa súa carreira atlética anterior. Foi quen de competir nos Xogos Olímpicos de 1984 e acadou o posto número 35. Fairhall foi a primeira parapléxica que competiu nos Xogos Olímpicos.
Fairhall gañou a medalla de ouro cando se introduciu o tiro con arco por primeira vez nos Xogos da Commonwealth en Brisbane en 1982.
Foi campioa nacional por moitos anos e gañou medallas e títulos nos Xogos Paralímpicos, os Campionatos do Mundo de Tiro con Arco e outros torneos internacionais. Participou nos Xogos Paralímpicos de 1972, en 1980, en 1988 e 2000. Nos seus primeiros xogos competiu en atletismo. Nos Xogos Paralímpicos de 1980 participou en atletismo e tiro con arco, gañando unha medalla de ouro neste último. Nos Xogos Paralímpicos de 1988 e de 2000 só competiu en tiro con arco.
En 1983, Fairhall foi galardoada como membro da Orde do Imperio Británico pola súa contribución ao tiro con arco e ás persoas con discapacidade. Continuou adestrando no seu club de tiro con arco en Christchurch despois de retirarse. Morreu o 11 de xuño de 2006 con 61 anos por unha doenza relacionada coa súa discapacidade.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Neroli Fairhall en olympic.org.nz Perfil de Neroli Fairhall na páxina do Comité Olímpico Internacional Neroli Faihall en paralympics.org.nz Perfil de Neroli Faihal na páxina do Comité Paralímpico Internacional
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Christchurch Categoría:Finados en 2006 Categoría:Atletas de Nova Zelandia Categoría:Medallistas paralímpicos de ouro por Nova Zelandia Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 1980 Categoría:Orde do Imperio Británico Categoría:Arqueiros olímpicos de Nova Zelandia Categoría:Arqueiros nos Xogos Olímpicos de 1984