Adolfo Sánchez Díaz, nado en Betanzos cara a 1889 e finado na mesma vila o 15 de agosto de 1971,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-8-1971, p. 6. foi un escritor e político galego.

Traxectoria Procurador dos tribunais. Foi secretario do concello de Bergondo en 1914. Colaborou en Nueva Era e Betanzos Liberal. Foi presidente do Liceo Recreativo de Artesanos. Foi alcalde de Betanzos do 1 de abril de 1922 ao 8 de xaneiro de 1923 e novamente logo da caída da ditadura de Primo de Rivera, do 15 de abril de 1930 ao 15 de marzo de 1931. Impulsou na década dos anos corenta o Banco Etcheverría, do que foi ata a súa morte presidente do consello de administración.

Obras La Saleta de Presedo, 1941.

Vida persoal Casou con María Martínez Doval en 1914,El Correo Gallego, 8-5-1914, p. 4. que finou en febreiro do ano seguinte.El Correo Gallego, 20-2-1915, p. 2.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Alcaldes de Betanzos Museo das Mariñas.

Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Alcaldes de Betanzos Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Finados en 1971