Domingo Etcheverría Naveyra, nado en Betanzos en 1889 e finado na mesma vila o 1 de novembro de 1987,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-11-1987, p. 42. foi un banqueiro e político galego.
Traxectoria Foi alcalde de Betanzos do 1 de abril de 1920 ao 1 de abril de 1922 e novamente do 15 de xaneiro de 1923 ao 1 de outubro de 1923. Impulsou na década dos anos corenta o Banco Etcheverría, do que foi atá a súa morte presidente do consello de administración.
Vida persoal
Casou con María Asunción de la Muela Sierra e foi pai, entre outros, de Javier Etcheverría de la Muela.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Alcaldes de Betanzos
Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Alcaldes de Betanzos
Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1987