Judy Wajcman, nada o 12 de decembro de 1950, é unha profesora australiana de socioloxía na London School of Economics especialmente coñecida polos seus traballos sobre xénero e tecnoloxía. Entre as súas publicacións atópase El tecnofeminismo.
Traxectoria Judy Wajcman foi profesora de Socioloxía na Escola de Investigación de Ciencias Sociais, Universidade Nacional Australiana. Foi profesora visitante na Lehman Brothers Centre for Women in Business na London Business School, e na Oxford Internet Institute. Tivo previamente postos en Cambridge, Edimburgo, Manchester, Sídney, Tokio, Viena, Zúric e Warwick. Tamén foi membro visitante en All Souls College. E foi a primeira muller na St. John's College, Cambridge (investigadora bolseira Norman Laski 1978–80).
Foi presidenta, de 2010 a 2011 da Sociedade de Estudos Sociais de Ciencia, e aínda se atopa no seu Comité de Manuais.
Estudos Wajcman é especialmente coñecida, pola súa análise sobre xénero e tecnoloxía. Foi unha das primeiras colaboradores dos estudos sociais da tecnoloxía, así como aos estudos de xénero, o traballo e as organizacións.
Wajcman afirma que as "modificacións" do ser humano non levan implícitas a transgresión da orde xenérica asignada porque en moitos casos "utilízanse para reforzar os estereotipos de xénero máis que para subvertelos".
Publicacións
Libros
Wajcman, Judy (2006). El tecnofeminismo. Universitat de Valéncia. Wajcman, Judy (2017). Esclavos del tiempo: vidas aceleradas en la era del capitalismo digital. Ediciones Paidós, 2017.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Video El tiempo en la era digital en CCCB
Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade de Londres Categoría:Científicos de Australia Categoría:Nados en 1950 Categoría:Feministas de Australia Categoría:Sociólogos de Australia