O Oxford Internet Institute (OII) é un departamento universitario multidisciplinario da Universidade de Oxford dedicado ó estudo da información, da communicación, e da technology, e forma parte da Social Sciences Division desta universidade inglesa. Ten a súa sede en tres sitios de Saint Giles, en Oxford, propiedade do Balliol College.
Función A actividade investigadora realizada céntrase na influencia que Internet ten no ámbito social da vida en liña co propósito de axudar a conformar as políticas, prácticas de Internet no mundo contemporáneo. Dende 2001, o Oxford Internet Institute activou unha das máis prestixiosas "Escolas de Doutoramento de Verán" no campo da investigación en Internet e da empresa. Ademais de ser o membro inglés do World Internet Project, tamén leva a cabo anualmente a Oxford Internet Survey. Coa súa publicación, ofrécese información sobre o desenvolvemento do uso de Internet no Reino Unido, pero tamén novas interesantes sobre o impacto da rede no resto do mundo. Os investigadores do Instituto informaron de que no 2013 as entradas de Wikipedia máis controvertidas en Francia foron a de Ségolène Royal e a de UFO ("ovni"). Taha Yasseri; Anselm Spoerri; Mark Graham; János Kertész (8 xul. 2013). "The most controversial topics in Wikipedia: A multilingual and geographical analysis".
Historia O Oxford Internet Institute foi fundado por Derek Wyatt e Andrew Graham, Master do Balliol College, e abriu en 2001 cun financiamento inicial de 10 millóns de libras esterlinas providas pola Fundación Shirley e 5 millóns de financiamento público do Higher Education Council of England. O primeiro director do departamento foi o profesor William Dutton. O actual director é o profesor Philip N. Howard. Notas
Categoría:Oxford Categoría:Internet