Para a avestruz común S, camelus ver avestruz.
Struthio é un xénero de aves da orde dos Struthioniformes, cuxos membros reciben o nome de avestruces. Deste xénero existen dúas especies vivas, a avestruz común (Struthio camelus) e a avestruz de Somalia (Struthio molybdophanes). Coñécense tamén especies fósiles asignadas a este xénero, algunhas das cales se extinguiron hai uns poucos miles de anos como S. asiaticus.
Historia O xénero Struthio foi descrito por primeira vez por Carl Linnaeus en 1758. O xénero foi usado por Linnaeus e algúns outros dos primeiros taxonomistas para incluír o emú, o ñandú e o casuario, ata que estes foron situados nos seus propios xéneros. A avestruz de Somalia Struthio molybdophanes foi recoñecida como especie separada recentemente pola maioría das autoridades (antes era subespecie da avestruz común), mentres que outras autoridades están aínda revisando as evidencias. miniatura|esquerda|Ovo de avestruz común Struthio camelus no MHNT miniatura|Macho da avestruz de Somalia S. molybdophanes na sabana de Kenya, mostrando o seu pescozo azul
Especies Coñécense nove especies dentro deste xénero, das cales sete están extinguidas. Outras tres especies máis: S. pannonicus, S. dmanisensis (a avestruz xigante) e S. transcaucasicus, foron transferidas ao xénero Pachystruthio en 2019. Outras formas fósiles son icnotaxons que só se coñecen polas pegadas ou trazas que deixaron os organismos e a súa asociación coas especies descritas por ósos é polémica e pendente de ulteriores revisións.
As especies son: †Struthio coppensi (Mioceno temperán de Elizabethfeld, Namibia) †Struthio linxiaensis (Mioceno tardío Liushu de Yangwapuzijifang, China) †Struthio orlovi (Mioceno tardío de Moldova) †Struthio karingarabensis (Mioceno tardío – Plioceno temperán do suroeste e centro leste de África) – oospecie(?) †Struthio kakesiensis (Plioceno temperán de Laetoli, Tanzania) – oospecie †Struthio wimani (Plioceno temperán da China e Mongolia) †Struthio daberasensis (Plioceno temperán e medio de Namibia) – oospecie †Struthio brachydactylus (Plioceno de Ucraína) †Struthio chersonensis (Plioceno do sueste de Europa ata o centro oeste de Asia) – oospecie †Struthio asiaticus, (Plioceno temperán – Plistoceno tardío de Asia central á China e Marrocos) †Struthio oldawayi (Plistoceno temperán de Tanzania) – probablemente subespecie de S. camelus †Struthio anderssoni – no norte da China/MongoliaJ. G. Andersson, Essays on the cenozoic of northern China. Memoirs of the Geological Survey of China (Peking), Series A, No. 3 (1923), pp. 1–152, especially pp. 53–77: "On the occurrence of fossil remains of Struthionidae in China."; and J. G. Andersson, Research into the prehistory of the Chinese. Bulletin of the Museum of Far Eastern Antiquities 15 (1943), 1–300, plus 200 plates. oospecie(?) Struthio camelus, avestruz común Struthio molybdophanes, avestruz de Somalia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Struthioniformes Categoría:Aves non voadoras Categoría:Ratites