Esta é unha cronoloxía de Galicia, que comprende importantes eventos, cambios legais e territoriais ademais de acontecementos políticos, sociais e económicos en Galicia e nos seus estados predecesores; tamén eventos acontecidos na Península Ibérica e eventos internacionais que tiveron relevancia para a historia de Galicia.
Séculos -III-II-II II III IV V VI VII VIII IX X XI XII XIII XIV XV XVIXVII XVIIIXIXXXXXI
+Esquema de CoresEras / IdadesEntidade territorial - Entidade gobernamentalGuerra / Conflito militar (data do inicio – data da fin)Acontecemento cultural / Corrente / MovementoAcontecemento medioambiental / Ecolóxico / Sanitario
Prehistoria
Data aproximadaAcontecementoPaleolítico -420000Xacemento de Porto Maior (As Neves), cultura acheulense. -300000Xacemento de Louselas ou Vilaselán (Ribadeo), cultura acheulense. -200000Glaciación rissiense.Xacemento das Gándaras de Budiño (O Porriño), cultura acheulense e musteriense. -120000Xacemento de Cabrón de Arbo (Arbo). -80000 A glaciación würmiense comezou a afectar á Península Ibérica. -34000Cova da Valiña (Castroverde), cultura musteriense. -30000Cova Eirós (Triacastela), a primeira manifestación artística: un colgante feito dun cairo dun pequeno carnívoro. -17000Pena Grande de Férvedes, un colgante pétreo de forma amigdaloide.Covas de Valdavara: Atopouse o fósil máis antigo Galicia nas (Becerreá), xunto a ferramentas e adornos. -14000Xacemento de Pena Grande (Bordelle).Mesolítico -10000Xacemento do Prado do Inferno (Muras). -8000Retirouse o xeo e o clima fíxose cálido e húmido, espallamento dos carballos, bidueiros, abeleiras, castiñeiros, olmos, etc. -7300Xacemento da Cova do Uro, na serra do Courel. Restos humanos e animais.Neolítico -6000Xacemento de Xestido (Abadín). -5700Cova do Rei Cintolo (Mondoñedo).Megalitismo -5000 - -3000Propagación do megalitismo e o fenómeno tumulario galego. -5000 - -4500Xacemento de Arteixo. -4350 - -4240Chousa Nova.-4000Segundo os estudos de Bryan Sykes habitantes do noroeste peninsular migraron cara as Illas británicas. Este acontecemento puido quedar refrexado no Lebor Gabála Érenn. -3800Dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños).-3000Gran cantidade de petróglifos, grupo galaico de arte rupestre.Dolmen de Forno dos Mouros.Idade do Cobre-2000Uso da metalurxia, cultura do vaso campaniforme.-1800Uso das cistas rectangulares con lousas decoradas no noroeste.Idade de BronceIdade do Bronce Atlántico-1300 - -700Idade do Bronce Atlántico.-1200 - -600Aparición de machados de tope, puntas de lanza de grande tamaño e espadas pistiliformes.-1100Espadas de lingua de carpa.-950Primeira vaga migratoria celta.Cultura castrexa-800 - -700Castro de Penas do Castelo, Salcedo.-700 - -600Castro de Torroso, Mos.-650Segunda vaga migratoria celta.-600Unha gran cantidade de asentamentos comezan a expandirse e comezan a fundarse centos de novos castros.Castro de Borneiro, Borneiro.-500Chegada da cultura de Hallstatt á península.Saunas castrexas.-400 – -300Estatuas de guerreiros galaicos.
Século -III AnoDataAcontecemento-242 - -230Segundo Silicius, mercenarios galaicos loitaron no exército de Haníbal contra as lexións romanas. -219Mercenarios galaicos puideron colaborar con Haníbal no cerco de Sagunto e tamén na fracasada expedición contra Roma polos Alpes.Conquista romana de Hispania (-218 – -19)
Século -II AnoDataAcontecementoChegada de cerámica campaniense procendente de Italia.-197Gaius Sempronius Tuditanus e M. Helvius dividen a península en Hispania Ulterior e Hispania Citerior, pero so recollían a costa mediterránea da península.Guerras celtiberas (-181 – -133)Guerras lusitanas (-155 – -139)-155Comezaron as guerras lusitanas entre romanos e lusitanos, os galaicos axudan a Viriato contra Roma.-141Fabio Serviliano foi derrotado ante Viriato.Conquista romana de Gallaecia (-139 – -60)-139Expedición de Quinto Servilio Cepión contra Viriato, devastando os campos dos galaicos. Viriato foi asasinado.Décimo Xunio Bruto recibe o encargo de pacificar a terra dos galaicos, polo que a partir de entón será chamado "Callaecus".-138Expedición de Décimo, dende o Texo á desembocadura do Douro. -1379 de xuñoBatalla do Douro: contra lusitanos e galaicos, narrada por Apiano e Orosio.Décimo continúa subindo, cruza o río Limia (Lethes, Oblivionis flumen ou río do Esquecemento) e chega ata as beiras do Miño.
Século -I AnoDataAcontecementoPrimeiros asentamentos que revelan a convivencia entre galaicos e romanos.-96 - -94Expedición comercial de Publio Licinio Craso, atopou as minas de estaño e o ouro. E comenta acerca do carácter pacífico dos galaicos.-82A loita retomouse en Lusitania, con Quinto Sertorio ao mando.Guerra sertoriana (-80 – -70)-74Marco Perperna Veiento conseguiu chegar ao río Limia, no marco da campaña de recrutamento emprendida por Quinto Sertorio entre celtiberos, lusitanos e galaicos.-73Quinto Sertorio continuou a campaña entre o Douro e o Miño.-62Ponte de Bermaña en Aquae Celenae (Caldas de Reis)Provincia de Lusitania - República Romana-61 - -60Expedición de Xulio César, coa axuda dos barcos da familia dos Balbos de Gadir, pola costa galaica ata Brigantium, interesado polos xacementos auríferos acabou por conquistar o territorio galaico.Guerras cántabras (-29 – -19)-29 - -19Comezaron as Guerras cántabras, o territorio galaico foi unha base de operacións para Roma.Segundo Estrabón o Imperio Romano logra o control completo sobre os pobos galaicos, chamándolle ao territorio Gallaecia.Provincia de Lusitania - Imperio Romano-2716 de xaneiroCaio Xulio César Octaviano recibe o título de Augusto polo Senado romano, o que marca o inicio do Imperio Romano.-22Batalla do Monte Medulio: entre cántabros, ástures e galaicos insurrectos contra as lexións de Caio Furnio e Publio Carisio.Provincia Transduriana - Imperio Romano-19As Aras Sestianas foron mandadas construír polo xeneral romano Lucio Sestio Quirinalo Albaniano. Nelas conmemorábanse as vitorias das lexións romanas nas últimas campañas das guerras galaico-cántabro-ástures.Provincia de Hispania Citerior Tarraconense - Imperio Romano-16 - -13A división de Augusto, reestruturou as provincias pasando Gallaeciae e Asturiae a pertencer a Tarraconense, provincia que reservou para el en calidade imperial polos xacementos auríferos. -15 - -13Paulo Fabio Máximo, legado do emperador Octavio Augusto, funda a cidade de Lucus Augusti. Termas romanas de Lugo.
Século I AnoDataAcontecementoLatinización e Romanización de GaliciaModificación na estrutura social e económica. Os castros comezaron a abandonarse en favor das villae, aínda que outros continúan a ser habitados, mais moi influenciados pola cultura romana. Entre os castros que continúan ata fins do Imperio atópanse o de Fazouro ou o de Viladonga.28Tabula hospitalis do Courel.c.40Chegada de cerámica producida no sur da Galia.c.50Incendio do Castro de Lameán de Arriba, en Ribadumia.c.50 - 100Chegada de cerámica de sigillata hispanica producidos na Rioxa, na Bética ou na Lusitania.74Vespasiano concedeu a cidadanía latina (ius Latii) a toda a península.75 - 100Construción do campamento Aquis Querquennis nos Baños, Bande.79 - 80Construción da Vía Nova, calzada romana destinada a unir Bracara Augusta (Braga), Asturica Augusta (Astorga) e Lucus Augusti (Lugo).Construción da Ponte Maior de Ourense, ponte co maior arco de luz de todo o Imperio Romano.Construción da Ponte Vella de Lugo.98 - 117Construción da Torre de Hércules.
Século II AnoDataAcontecementoReformas da época Flavia, incremento das cidades, acompañadas do apelativo "Flavia", como Iria Flavia (Padrón) ou Aqua Flavia (Chaves). Así como os "forum" ou lugares feirais, como Forum Limicorum (Limia), Forum Bibalorum (Verín), Forum Gigurrorum (A Rúa), etc.Abandono xeneralizado dos castros.Itinerario de Antonino.115Construción da Ponte do Bibei.134Miliario de Hadriano da Ponte romana do Burgo.
Século III AnoDataAcontecementoComezou unha crise que xenera inseguridade, as cidades fortificáronse e moitos castros, previamente desocupados, volven ser ocupados. Posiblemente inducida polo temor ás bandas de saqueadores bagaudas.Provincia Nova Citerior Antoniniana - Imperio Romano212O emperador Caracalla creou unha nova provincia que correspondía coa área galaica diferenciándoa administrativamente do resto da Tarraconense, tamén outorgou a cidadanía romana a todo o Imperio.c.265 - 310Construción da Muralla de Lugo, con 85 ou 86 torres e 4 ou 5 portas, inducida polo temor aos saqueadores bagaudas.Provincia de Gallaecia - Imperio Romano298A división de Diocleciano dividiu Hispania en sete provincias, de forma que Gallaecia pasa a ter unha administración propia con capital en Lucus Augusti.
Século IV AnoDataAcontecementoContruiuse o templo de Santalla de Bóveda.Chegada do cristianismoComezou a chegar o Cristianismo, a través do exército lexionario e África do Norte.c.320 - 330No Sartego de Temes (Carballedo) inscribiuse a lenda "Fides, spes, caritas" (Fe, esperanza, caridade), a inscrición cristiá máis antiga coñecida en Galicia.379Teodosio I, que quizais naceu en Cauca, Gallaecia, é coroado emperador de Roma.38027 de febreiroEdicto de Tesalónica: o cristianismo foi convertida na relixión oficial do imperio.381Exeria, unha monxa da Gallaecia, comezou o que sería coñecido como o Itinerario de Exeria.383Magno Máximo, que quizais naceu en Gallaecia ou na Tarraconense é coroado emperador de Roma.385Prisciliano foi condenado como herexe en Tréveris, pero deixou unha fonda pegada en Gallaecia que durou varios séculos.Provincia de Gallaecia - Imperio Romano de Occidente39517 de xaneiroDivisión do Imperio Romano. Gallaecia queda no Imperio Romano de Occidente.
Século V