miniatura|Prince of Wales e Eddystone, barcos da Compañía da Baía de Hudson negociando cos iniut no estreito de Hudson, por Robert Hood (1819) O estreito de Hudson é un estreito que une o océano Atlántico e o mar de Labrador coa baía de Hudson no Canadá. Sitúase entre a illa de Baffin e Nunavik, coa súa boca oriental marcada polo cabo Chidley en Terra Nova e Labrador e a illa Resolution. Mide uns 750 km de lonxitude cunha largura media de 125 km, variando entre os 70 km na boca oriental e os 240 km en Deception Bay.Proceedings of a Workshop: Marine Ecosystem studies in Hudson Strait, consultado o 28 de outubro de 2017
O estreito de Hudson une os portos do norte de Manitoba e Ontario co océano Atlántico. O estreito podería servir como entreda oriental á Pasaxe do Noroeste se non houbese xeo no Fury and Hecla Strait ao sur da illa de Baffin occidental.
Exploración O navegante inglés Sir Martin Frobisher foi o primeiro europeo que afirmou que entrou no estreito en 1578. Nomeou un estuario na entrada o Furious Overfall e chamou o estreito Mistaken Strait (estreito confundido), posto que sentiu que supuña unha entrada menos prometedora para a Pasaxe do Noroeste que que se chamou posteriormente Frobisher Bay. John Davis navegou pola boca do estreito durante a súa viaxe de 1587.
O primeiro europeo que explorou o estreito foi George Weymouth que navegou 300 millas náuticas alén do Furious Overfall en 1602.Glyn Williams, "Arctic Labyrinth", Toronto: Penguin, 2009, p 45Douglas Hunter, "God’s Mercies. Rivalry, Betrayal and the Dream of Discovery", Anchor/Random House, 2007, pp 13-14 O estreito recibiu o nome por Henry Hudson que o explorou en 1610 no barco Discovery, o mesmo que empregara previamente George Weymouth en 1602. Hudson foi seguido por Thomas Button en 1612, e por unha expedición cartográfica máis detallada liderada por Robert Bylot e William Baffin en 1616.Nuttal, Mark, "Encyclopedia of the Arctic", Routledge: 2004, pp 295-296
Extensión miniatura|esquerda|Xeo á deriva no estreito de Hudson, xuño de 2014 A International Hydrographic Organization define os límites do estreito de Hudson como segue: Polo oeste a iña dende Nuvuk Point () a Leyson Point, de aí pola beira leste de Southampton Island a Seahorse Point, o seu extremo oriental, de aí en liña a Lloyd Point (), na illa de Baffin. Polo norte, a costa meridional da illa de Baffin entre Lloyd Point e East Bluff. Polo leste unha liña dende East Bluff, o extremo sur da illa de Baffin (), ata Point Meridian, o extremo occidental das Lower Savage Islands, ao longo da costa ata o extremo suroccidental e de aí unha liña ao extremo occidental da illa Resolution, a través da costa suroeste ata Hatton Headland, o seu punto meridional, de aí unha liña ata Cape Chidley, Labrador (). Polo sur o continente entre o cabo Chidley e Nuvuk Point.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Allard, Michel, Baolai Wang, and Jean A Pilon. 1995. "Recent Cooling Along the Southern Shore of Hudson Strait, Quebec, Canada, Documented from Permafrost Temperature Measurements". Arctic and Alpine Research. 27, no. 2: 157. Andrews, J. T., and D. C. Barber1. 2002. "Dansgaard-Oeschger Events: Is There a Signal Off the Hudson Strait Ice Stream?" Quaternary Science Reviews. 21, no. 1-3: 443–454. Barr, W. 1994. "The Eighteenth Century Trade between the Ships of the Hudson's Bay Company and the Hudson Strait Inuit". Arctic. 47, no. 3: 236. Campbell, N. J. The Oceanography of Hudson Strait. [S.l.]: Atlantic Oceanographic Group, 1958. Easton, A. K. Tides of Hudson Strait. Dartmouth, Nova Scotia: Bedford Institute of Oceanography, 1972. Gaston, A. J. Seabird Investigations in Hudson Strait Report on Activities in 1980. OLABS Program report. [Canadá]: Canadian Wildlife Service, 1981. Payne, F. F. Eskimo of Hudson's Strait. Toronto?: s.n.], 1889. 2005. "A Sentry at the Atlantic Gateway – An Experimental Mooring Monitors Water Flow Through Strategic Hudson Strait". Oceanus. 44, no. 3: 30.
Categoría:Océano Atlántico Hudson Categoría:Xeografía do Canadá