Efter brylluppet é un filme dinamarqués-sueco de 2006 dirixido por Susanne Bier e protagonizado por Mads Mikkelsen e Sidse Babett Knudsen. O filme foi un éxito da crítica e foi nomeado para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 79ª edición dos premios.

Personaxes Mads Mikkelsen como Jacob Petersen Rolf Lassgård como Jørgen Lennart Hansson Sidse Babett Knudsen como Helene Hansson Stine Fischer Christensen como Anna Louisa Hansson Christian Tafdrup como Christian Mona Malm como Mrs. Hansson Meenal Patel como Mrs. Shaw Neeral Mulchandani como Pramod

Remake En febreiro de 2018, a actriz Julianne Moore e o seu marido, o director Bart Freundlich, anunciaron a súa intención de facer unha versión do filme para a audiencia anglófona, Despois da voda, que está ambientado en Nova York e a India. A produción comezou na primavera de 2018. O remake estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 24 de xaneiro de 2019 e nos cinemas dos Estados Unidos o 9 de agosto de 2019.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 79ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua sueca Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes dirixidos por Susanne Bier Categoría:Filmes de IFC Films Categoría:Filmes de Nordisk Film Categoría:Filmes rodados en Bombai Categoría:Filmes ambientados en Copenhage Categoría:Filmes ambientados na India Categoría:Filmes sobre vodas