Kunsten at græde i kor é un filme dinamarqués de 2006 dirixido por Peter Schønau Fog. Está protagonizado por Jannik Lorenzen e Jesper Asholt, e conta a historia sobre os esforzos dun neno de 11 anos para manter intacta a súa estraña familia cun padre abusivo, unha nai en estado de negación e unha irmá rebelde durante os disturbios sociais de comezos dos anos setenta. Baséase na novela autobiográfica de Erling Jepsen, e o guión foi escrito por Bo Hr. Hansen. Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 80ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Jannik Lorenzen como Allan Jesper Asholt como pai Hanne Hedelund como nai Julie Kolbech como Sanne (acreditada como Julie Kolbeck) Thomas Knuth-Winterfeldt como Asger Rita Angela como avoa Gitte Siem como tía Didde Lene Tiemroth como psiquiatra Bjarne Henriksen como Budde Sune Thomsen como Per Hans Henrik Voetmann como Dr. Madsen Laura Kamis Wrang como Mrs. Budde
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 80ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes dirixidos por Peter Schønau Fog