Elmer James Bennett, nado o 13 de febreiro de 1970 en Evanston, Illinois, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 1,83 m, xogaba na posición de base.
Traxectoria Bennett foi seleccionado na 38ª posición do Draft da NBA de 1992 polos Atlanta Hawks. Xogou na National Basketball Association (NBA) un total de 21 partidos repartidos en 3 tempadas, onde acadou 2.3 puntos por partido.
Bennett xogou para os Rochester Renegade, os Grand Rapids Hoops, os Fargo-Moorhead Fever e os Oklahoma City Cavalry na Continental Basketball Association. O seu primeiro equipo en Europa foi o Victoria Libertas Pesaro italiano en 1995. Posteriormente xogou tamén no Basket CRO Lyon en 1996.
A meirande parte da súa carreira a pasou na Liga ACB. Chegou ó TAU Cerámica en 1997, onde xogou ata 2003 e gañou unha liga e unha Copa do Rei. Posteriormente xogou para o Real Madrid, o Joventut Badalona e o CB Sevilla.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en Euroleague.net Estatísticas NBA en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Evanston, Illinois Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores do Victoria Libertas Pesaro Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores do CB Sevilla