miniatura|Muazzez nunha conferencia en 2009 Muazzez Ilmiye Çığ, nada como Muazzez Ilmiye Itil en Bursa o 20 de xuño de 1914 e finada en Mersin o 17 de novembro de 2024, foi unha historiadora turca, especializada no estudo da civilización sumeria.
Traxectoria Seus pais eran tártaros de Crimea que emigraran a Turquía, a familia do pai estableceuse na cidade de Merzifon, e a da nai en Bursa, daquela un dos grandes centros administrativos otománs. Muazzez Ilmiye naceu en Bursa, unhas semanas antes de principiar a Gran Guerra e cando tiña cinco anos, en 1919, o exército grego invandiu a cidade de Esmirna o que levou o seu pai, un mestre, na procura de maior seguridade a establecerse na cidade de Çorum e alí foi onde Muazzez completou os seus estudos de primaria. Posteriormente, a familia volveu a Bursa, e alí estudou nunha escola privada e en 1926 entrou nunha de maxisterio local e graduouse en 1931, con dezasete anos.
Durante cinco anos deulles clases a nenos na cidade de Eskişehir, en 1936 foi a Ankara para estudar na súa universidade, matriculouse no departamento de hititoloxía, que establecera o ano anterior Atatürk na facultade de historia e lingüística. Entre os seus profesores estiveron dous dos máis eminentes investigadores da época da cultura e historia hitita, Hans Gustav Güterbock e Benno Landsberger, os dous refuxiados alemáns de orixe xudía que pola presión tras da vitoria de Hitler aveciñáranse como profesores en Turquía"Muazzez Çığ stands among the world’s best Sumerologists" Hürriyet Daily News, 14 de novembro de 2008.
Ao recibir o seu diploma en 1940, comezou a traballar nos arquivos do Museo do Antigo Oriente, unha das tres institucións que forman parte dos Museos Arqueolóxicos de Istambul, como especialista residente no campo da escrita cuneiforme. O museo contiña milleiros de táboas cuneiformes almacenadas nos seus arquivos sen clasificar e sen traducir. Nos 31 anos que pasou no museo dedicouse, coa axuda dos tamén traballadores do arquivo, Hatice Kızılyay e F. R. KrausUniversity Museum Bulletin, Volumes 16-18. University of Pennsylvania, 1951, p. 9, a clasificar 74000 táboasBelleten, Volume 57, números 218-219. Türk Tarih Kurumu Basımevi, 1993, p. 305 en sumerio, acadio e hitita e traduciu e publicou unha parte en catálogos, e o museo converteuse nun centro de aprendizaxe das antigas linguas de Oriente Medio ao que acudían investigadores de todo o mundo.
Xubilouse en 1972 e logo, durante un tempo, viviu fóra de Turquía. Traduciu ao turco o libro de Samuel Noah Kramer History Begins at Sumer que se publicou en 1990 baixo o título Tarih Sümerle Başlar, que tivo boa recepción e que lle permitiu publicar diversos libros dedicados principalmente á cultura sumeria, entre eles un libro infantil.
Obra
Zaman Tüneliyle Sümer'e Yolculuk, 1993 (obra de divulgación infanto-xuvenil, en 1998 publicouse unha segunda edición ampliada) Kur'an, İncil ve Tevrat'ın Sumer'deki Kökeni, 1995 Sümerli Ludingirra - "Zaman Tüneliyle Yolculuk, 1996 İbrahim Peygamber - Sümer Yazılarına ve Arkeolojik Buluntulara Göre, 1997 İnanna'nın Aşkı - Sümer'de İnanç ve Kutsal Evlenme, 1998 Hititler ve Hattuşa - İştar'ın Kaleminden, 2000 Gilgameş - Tarihte İlk Kral Kahraman Ortadoğu Uygarlık Mirası, 2002 Ortadoğu Uygarlık Mirası 2, 2003 Sümer Hayvan Masalları, 2003 Vatandaşlık Tepkilerim, 2004 Atatürk Düşünüyor, 2005 Bereket Kültü ve Mabet Fahişeliği, 2005 Çivi Çiviyi Söker - Muazzez İlmiye Çığ Kitabı con Serhat Öztürk, 2002 (autobiografía) Sümerlilerde Tufan - Tufan'da Türkler, 2008
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Ankara Categoría:Nados en 1914 Categoría:Nados en Bursa Categoría:Finados en 2024 Categoría:Historiadores de Turquía