Belgorod (en ruso Белгород) é unha cidade, que é o centro administrativo do óblast de Belgorod da Federación de Rusia.
O topónimo Belgorod significa literalmente en ruso "cidade branca". O nome é unha referencia á abundancia histórica de calcaria na rexión. Etimoloxicamente correspóndese con outros nomes de cidades eslavas de idéntico significado como Belgrado ou Belogradchik, entre outras.
Xeografía A unha altitude media de 130 msnm, está situada na beira dereita do río Séverski Donéts, a uns 40 km ao norte da fronteira con Ucraína.
A cidade ocupa unha superficie de 153,1 km². No ano 2017 tiña unha poboación de 391 135 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 2 554,77 hab./km².
Historia A cidade foi fundada por orde do tsar Teodoro I de Rusia o 11 de setembro de 1596 como unha fortaleza fronteiriza.
O asentamento foi mencionado por primeira vez en 1237, cando foi arrasado polas hordas de Batu Khan. No está claro se este Belgorod se encontraba no mesmo lugar onde está a cidade actual. En 1596, foi refundada por orde do tsar Teodoro I como unha das numerosas fortalezas creadas para defender as fronteiras do sur do Zarato ruso dos tártaros de Crimea.
No século XVII sufriu en varias ocasións incursións tártaras, contra as que se construíu unha muralla de terra con doce fortes que se estendía por máis de 320 km desde o río Vorskla ao río Don, e chamouse a esta a "liña de Belgorod" (en ruso Белгоро́дская засе́чная черта́, Belgoródskaya zaséchnaya chertá).
En 1666 fundose na cidade unha sé arcebispal. Byelgorod, na Encyclopædia Britannica Volume 4, 1911.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Cidades de Rusia