Ceca de Siscia Sólido de Vetranión260x260pxD N VETRA – NIO P F AVG; busto laureado e acoirazado cara á dereita.SALVATOR – REI – PVBLICAE, o emperador en pé sostén un lábaro co cristograma; Vitoria tras el; SIS no exergo.Sólido. Ceca de Siscia (marca SIS). Cuñado en 350. 4,60 g. RIC VIII 260
A ceca de Siscia foi un obradoiro monetario do Imperio Romano situado na cidade balcánica de Siscia (a actual Sisak, en Croacia). "Knowing the Roman imperial mints: V- Siscia". Aeternitas Numismatics.
A súa marca de ceca identifícase por ter presentes, en practicamente todos os casos, as letras SIS, que poden aparecer ou non en combinación con outras.
Historia A ceca de Siscia foi establecida en 262 d. de C. polos emperadores Valeriano (253-260) e Galieno (253-268), coa intención de ter unha provisión de circulante sempre dispoñible nas provincias periféricas, onde as necesidades de defensa do Imperio podían facer precisar importantes gastos militares.De Blois, L. (1976). Páxina 31. Este foi precisamente o motivo do seu uso descontinuo, primeiro baixo o mandato conxunto de ambos os emperadores e logo en tempos de Galieno gobernando só (260-268), probablemente cando a corte imperial residía nos Balcáns.Watson, A. (2004). Páxinas 122-123.Southern, P. (2001). Páxinas 97, 111.
A ceca mantivo as súas operacións de cuñaxe tamén baixo o seu sucesor, Claudio o Gótico (268-270). Logo dunha escasa produción a nome do efémero Quintilo (270), xunto coa ceca de Cízico foi a primeira en apoiar a Aureliano (270-275), de quen foi a súa ceca principal nos primeiros momentos do seu reinado. O control desta ceca por parte de Aureliano permitiulle producir nela as moedas de ouro que despois utilizou para recompensar os soldados que apoiaron o seu ascenso ao trono.
Posteriormente, a casa de moeda foi controlada polo usurpador Xuliano (285-286), quen a través das súas cuñaxes nela expandiu a propaganda das súas promesas de liberdade.Southern, P. (2001). Páxina 135. miniatura|Follis da ceca de Siscia (marca SIS) a nome de Constantino II Foi utilizada durante o período tetrárquico para servir a diocese de Galerio.Odahl, C. M. (2004). Páxina 46. Entre mediados de 317 e finais de 318, a ceca de Siscia cuñou moedas que conmemoraban os antepasados deificados de Constantino I.Odahl, C. M. (2004). Páxina 146. Nese mesmo período, emitiuse unha versión dunha moeda de bronce na que Constantino portaba un casco con crista co símbolo cristián do crismón, tamén utilizado noutras emisións mesmo como marca de ceca.Odahl, C. M. (2004). Páxina 149. Esta ceca foi tamén unha das que recorreu adoito á efixie de Constantino laureado coa ollada dirixida ao ceo, en postura de cristián orante.Odahl, C. M. (2004). Páxina 204.
A ceca foi clausurada ca. 387, entre o ascenso ao trono de Arcadio (383-395) e a de Honorio (393-423).Grierson, G.; Mays, M. (1992). Páxinas 48, 67.
Marcas de ceca Da grande diversidade de marcas de ceca utilizadas (case sempre combinando SIS con outras letras), as máis frecuentes son as seguintes:"Siscia: Sisak, Croatia". En Forum Ancient Coins. GSISDSISGSISCDSISCASISASISCBSISBSISCESISSISSISASISBSISGSISCSISCPSSM
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cecas da Antiga Roma
Bibliografía De Blois, L. (1976). The policy of the emperor Gallienus, Brill. ISBN 9789004045088 Grierson, G.; Mays, M. (1992). Catalogue of late Roman coins in the Dumbarton Oaks Collection and in the Whittemore Collection: from Arcadius and Honorius to the accession of Anastasius. Dumbarton Oaks. ISBN 9780884021933 Odahl, C. M. (2004). Constantine and the Christian empire. Routledge. ISBN 9780415174855 (RIC): Roman Imperial Coinage (1923-1994). 10 volumes. Southern, P. (2001). The Roman Empire: from Severus to Constantine. Routledge. ISBN 978-0415239448 Watson, A. (2004). Aurelian and the Third Century. Routledge. ISBN 9780415301879
Ligazóns externas
Moedas da ceca de Siscia presentes en poxas numismáticas (Coinarchives.com)
Categoría:Cecas da Roma antiga Categoría:Moedas de Croacia