Mercedes Espiño Amil, nada en Pontevedra o 30 de xuño de 1956, é unha profesora de educación secundaria galega.
Traxectoria Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e en Hispánica, catedrática de educación secundaria de lingua e literatura galega desde 1992, exerceu no instituto Ramón Cabanillas de Cambados, no instituto mixto de Ribeira e no IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela, onde se xubilou como catedrática no ano 2016.
Membro da Mesa pola Normalización Lingüística dende a súa fundación en 1986 e foi Membro da Comisión de Garantías.
Traduciu obras teatrais ao galego e colaborou coas revistas Andaina, Raiola e Revista Galega de Educación. é autora de receitas de cociña en Nós Diario.
Dirixiu rutas ou paseos literarios de Rosalía de Castro, das Irmandades da Fala e de Francisco Asorey.
Obra escrita publicada Aprender palabras e significados (1990). Vía Láctea Editorial. ISBN 84-86531-54-3. 1410 nomes galegos de home e de muller (1993). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-032-4. Espazos de Rosalía en Compostela. Un paseo por Santiago con Rosalía de Castro (2021). Limiar de Francisco Rodríguez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1956 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes