O Tranvía de Sóller é unha liña de tranvía situada na localidade balear de Sóller, na illa de Mallorca. Foi inaugurado oficialmente o 4 de outubro de 1913 e une a localidade de Sóller co seu porto marítimo. Circula polas rúas do centro de Sóller e cruza os campos e hortos de cítricos, e pasados estes transcorre en paralelo á estrada do porto (Ma-11), sobre unha vía de 914 mm de largo, idéntica á do ferrocarril de Sóller. O seu trazado é obra do enxeñeiro Pere Garau i Canyelles, que tamén deseñou a liña de ferrocarril que vai de Palma a Sóller.
O tranvía é un dos principais elementos representativos desta localidade de Mallorca, e é bastante frecuentado polos turistas, especialmente durante o verán.
Percorrido 250px|thumb|Percorrido do tranvía de Sóller. O percorrido do tranvía ten unha lonxitude de 4,8 km e iníciase na estación de Sóller, onde enlaza co ferrocarril de Sóller que chega ata Palma. Percorre uns 800 metros aproximadamente atravesando o núcleo urbano, pasa por diante do mercado da vila e da igrexa. Pouco despois de pasar a parada Mercat abandona o núcleo urbano e penetra nos hortos de cítricos e os xardíns de Sóller, deixando atrás o asfalto das rúas. Tras cruzar o torrente Major mediante unha ponte e pasar a parada Monument, o tranvía transcorre paralelo á estrada Ma-11 ata chegar á baía. Pouco antes de chegar a este punto atópase a parada coñecida como Es Control, que está situada xusto na metade do percorrido, e a viaxe ata este punto vale a metade que se se realiza completo. A vía do trazado desde Sa Torre (primeira parada en liña de mar) ata o final do traxecto discorre xunto ao mar. A última parada áchase xunto aos peiraos do porto. O edificio que outrora foi a estación foi reconvertido nun restaurante.
Estacións Debido a que o percorrido do tranvía non é moi longo, 5 km escasos, este posúe dúas únicas estacións. A primeira está situada no centro da vila de Sóller, na cal se pode facer transbordo co tren que vén desde Palma. A outra estación atópase no porto, enfronte da praia e xunto á antiga base militar. Na década de 1920 creouse un restaurante na estación, coñecido como Mar y sol. Como as funcións de estación (venda de billetes, espera do tranvía, acomodación nas xardineiras etc.) realizábanse xunto á vía, o edificio pasou a ser unicamente restaurante.
O tranvía tan só posúe dúas estacións, pero conta con catorce paradas ao longo do seu percorrido. O nome destas adoita provir da cultura popular, tomando a súa denominación de edificios ou puntos de interese próximos, como bares, restaurantes, hoteis ou monumentos. As paradas do tranvía son as seguintes: Sóller (enlace co ferrocarril de Sóller) Mercat Ca'n Guina Ca'n Reus Monument Ca'n Llimó Ca n'AhirRoca Roja Es ControlSa Torre S'EspléndidoLas Palmeras S'EdenCa'n Generós Marysol''
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio oficial do Ferrocarril de Sóller Información turística do Concello de Sóller
Soller Categoría:Transporte en Mallorca Categoría:Sóller