miniatura|300px|Cecas da Antiga Roma en tempos da Tetrarquía de Diocleciano (285-305) e da guerra civil romana (306-324). As cecas da Antiga Roma son os establecementos onde se cuñaban as moedas da Antiga Roma en tempos da República e, posteriormente, do Imperio Romano.
A multiplicación dos obradoiros monetarios imperiais foi un fenómeno que se produciu no baixo Imperio Romano, a partir da crise do século III. No entanto, cómpre non confundir esas cecas imperiais coas denominadas cecas provinciais romanas, onde se cuñaba moeda para a súa circulación en pequenas zonas do territorio do Imperio (moeda provincial romana), fundamentalmente de bronce, e que, coa reforma monetaria de Aureliano, foron abolidas.Savio, A. (2001). Páxina 198.Arslan, E. A. (2012). Páxina 34.
Implantación das cecas
República miniatura|Denario romano co busto de Xuno Moneta no anverso e utensilios de cuñaxe no reverso. Ano 46 a.de C. Baixo a República Romana, o primeiro obradoiro de cuñaxe de moeda xurdiu en 290 a. de C., no Capitolio de Roma, ao pé do templo dedicado á deusa Xuno Moneta, denominado en latín Aedes Iunonis Monetae (literalmente: "A casa de Xuno, que advirte"), baixo cuxa protección estaba a ceca.Tito Livio. Ab Urbe condita libri VI, 20.13. De aí derivan as nosas palabras "moeda" ou "monetario".Coarelli, F. (1994). Páxina 35."Moeda". En Gran dicionario Século XXI da lingua galega. Galaxia/Cumio. 2005.
Os responsables da cuñaxe eran tres maxistrados que recibían a denominación de triumviri monetalis.Pink, Karl (1952). The triumviri monetales and the structure of the coinage of the Roman Republic. American Numismatic Society. Nova York. Desde esa localización primitiva, a ceca de Roma trasladouse a diversos lugares en sucesivas ocasións.Savio, A. (2001). Páxina 163. Coñécese que estivo instalada na terceira das 14 rexións en que se dividía a cidade, nos arredores do Coliseo, consonte consta nos Catálogos Rexionarios (Curiosum et Notitia Urbis Romae).Depeyrot, G. (2006). Páxinas 15-16. É probable que este traslado estea relacionado co grande incendio que no ano 80 arrasou o Capitolio. O arqueólogo Filippo Coarelli sostén que este obradoiro monetario estaría no antigo edificio cuxos restos están baixo a actual Basílica de San Clemente de Latrán.Coarelli, F. (1994). Páxina 139.
Durante o período republicano, a centralización foi unha máxima: unicamente Roma cuñaba a moeda romana. Dun xeito excepcional, existiron tamén obradoiros monetarios móbiles, con carácter itinerante, que acompañaron os exércitos romanos durante algunhas das súas campañas, como por exemplo as de Sila, Lúculo e Pompeio en Oriente, ou nas guerras civís declaradas por Xulio César.Depeyrot, G. (2006). Páxinas 27-28.
Alto Imperio miniatura|Dupondio romano coa inscrición SC (Senatus Consulto) A partir da reforma monetaria de Augusto emprendida o 23 a. de C., o Senado romano pasou a encargarse da emisión das moedas de bronce, ás que se lles engadiu a marca SC, iniciais de Senatus Consultum, en tanto que a ceca imperial de Roma reservou para ela mesma o dereito da cuñaxe das moedas de prata e de ouro.Depeyrot, G. (2006). Páxina 36.
A creación dunha segunda casa de moeda imperial de importancia en Lugdunum, que cesou a súa actividade no ano 78, constituíu unha excepción ao establecido na reforma, para cuxa explicación se debaten dúas hipóteses.Le Mer, A-C.; Chomer, C. Carte archéologique de la Gaule. Lyon 69/2. MSH. Páxina 225. ISBN 9782877540995 Algúns estudosos apuntan as enormes necesidades de diñeiro circulante nunha Galia que se acababa de conquistar, a máis poboada das provincias. A segunda hipótese, máis defendida, baséase en que a prolongada estadía de Augusto na Galia (entre o 15 e o 13 a. de C.) e a presenza próxima do exército no Rin, involucrado nas campañas da Xermania, poden xustificar a creación desta segunda ceca.Depeyrot, G. (2006). Páxina 35.
Esta centralización non exclúe a existencia de pequenos obradoiros provinciais, principalmente en Hispania, no Oriente e en Nîmes, para a cuñaxe de moeda circulante de bronce de escaso valor, aínda que de peso elevado (un sestercio de bronce pesaba arredor de 25 g), restrinxida ao uso local.Depeyrot, G. (2006). Páxina 38. Estas cecas locais foron cesando progresivamente a súa actividade, pasando de 161 en tempos de Augusto ás oito en Acaia e en Asia durante o período de Galba.Depeyrot, G. (2006). Páxina 43.
Baixo Imperio A multiplicación das cecas imperiais foi un fenómeno característico da derradeira fase do Imperio Romano. A crise sucedida no terceiro século da nosa era e a conseguinte militarización provocaron unha primeira descentralización, feito que multiplicou o número de obradoiros monetarios radicados nas proximidades das zonas militarizadas, que tiñan grandes necesidades de moeda circulante. Ao mesmo tempo, a inflación galopante en Oriente obrigou a deter as emisións municipais nesa parte do Imperio. miniatura|Dobre centenional cuñado polo usurpador Magnencio na ceca de Ambianum. Marca de ceca: AMB no exergo do reverso. De xeito marxinal, algúns movementos de usurpación característicos desta época provocaron a aparición de novos obradoiros monetarios de existencia efémera, como o de Ambianum (Amiens), a partir da usurpación de Magnencio, ou o de Rotomagus (Ruán), coa de Alecto."Amiens". En Nicholson, O. (2018) The Oxford Dictionary of Late Antiquity. Vol 1. Páxina 61. ISBN 978-0-19-881624-9
Coa reforma monetaria de Aureliano de 274 tratouse de frear a desvalorización da moeda actuando principalmente en dous sentidos: sobre os valores nominais e sobre a organización das cecas, que se engadiran á ceca principal de Roma. Tratábase dunha serie reducida de cecas imperiais, creadas durante o período da crise do século III e que se situaran en lugares estratéxicos.Arslan, E. A. (2012). Páxina 35. E se, por unha banda, isto favorecía o fortalecemento das cecas provinciais do imperio, para poderen operar con continuidade en lugar de ocasionalmente, por outra parte reduciu e envergadura da ceca de Roma, que ata ese momento dispuña dunha gran cantidade de traballadores e tiña unha estrutura difícil de manexar (pechou 7 dos 12 obradoiros dos que dispuña).Savio, A. (2001). Páxina 201.
Unha nova reforma monetaria, esta vez emprendida por Diocleciano a partir de 294 supuxo unha segunda onda de apertura de obradoiros monetarios espallados por varias provincias do Imperio, coa excepción de Hispania: Londinium (Londres), Cartago, Aquileia, Tesalónica, Nicomedia (Izmit) e Alexandría. E ademais, as sucesivas capitais imperiais da tetrarquía viron a apertura dalgunhas outras cecas suplementarias.Depeyrot, G. (1987). Páxina 36.
As invasións do século V supuxeron, finalmente, a fin da actividade das cecas occidentais e da zona do Danubio.
Funcionamento das cecas Cada ceca podía ter un ou varios obradoiros concretos dedicados á produción de moeda. Para cuñar unha serie, nese obradoiro gravábanse primeiro as matrices e os cuños, un para o anverso, xeralmente coa imaxe do emperador, e outro para o reverso, dotado dun motivo e unha inscrición relativa, que logo se imprimían en ambas as caras do disco metálico un golpe de martelo.
A materia prima en estado bruto, é dicir, os metais destinados á posterior cuñaxe (o ouro, a prata, e o cobre e o estaño para o bronce) proviñan de minas situadas principalmente en Hispania e na Dacia (Transilvania), fontes que se esgotaron cara ao século II. Tamén obtiñan estes metais da fundición dos obxectos requisados durante as súas conquistas, aínda que esta fonte tamén se foi esgotando, logo da conquista da Dacia en 105. Así e todo, o déficit de metais preciosos durante a crise monetaria do século III superouse nos comezos do século IV polas confiscacións efectuadas ás expensas dos tempos, ao que se lle sumou a reciclaxe continua do circulante existente, mediante a súa refundición.
A partir dos abundantes exemplares coñecidos, a calidade da produción de moeda dos obradoiros romanos foi, en xeral, boa, malia algúns defectos habituais provocados durante a cuñaxe:
Algunhas pezas esmagadas parcialmente e con fendas nos bordos. Outras mal centradas ou con desaxustes na orientación de ambas as súas faces.. Relevos pouco definidos por mor dun uso intensivo dos cuños.
Os empregados das cecas romanas amosaban mestría nas técnicas de aliaxe do cobre e da prata. Coñecían as técnicas para crearen discos de aliaxes endurecidas destes metais e tamén para produciren moedas con baños de prata. No século IV, a produción de sólidos de ouro estaba totalmente controlada antes da súa cuñaxe e alcanzaban unha precisión en peso de 1/10 de gramo en cada peza.
A moeda como expresión imperial miniatura|Follis a nome de Constantino I (306-337). A/ IMP CONSTANTINVS P F AVG, Costantino cara á dereita, laureado e acoirazado. R/ Sol Invictus en pé, man dereita ergueita e orbe na esquerda; lenda: SOLI INVICTO COMITI; aos lados F-T; no exergo PLG. Bronce. Ca. 309-310 d. de C. Ceca de Lugdunum. Nos séculos III e IV, a multiplicación do donativum"Donativum". En Digalego. Dicionario de galego. aos soldados con motivo de cada ascenso ao trono ou de diversos acontecementos salientables para o Imperio foron motivo, cada vez máis frecuentemente, para a emisión de novas moedas, en cuxos reversos se incluían mensaxes do que se podería denominar "propaganda imperial". A súa temática é absolutamente variada:
É frecuente a celebración das vitorias, os logros ou mesmo as virtudes do emperador e, por veces, as da súa esposa ou do seu fillo e sucesor. Outras veces invocan a divindade protectora do emperador: Apolo, o Xenio de Roma; Sol Invictus baixo Aureliano; Xúpiter e Hércules, durante a Tetrarquía; o Crismón, en emisións de Constantino I e os seus sucesores etc. En ocasións lanzan verdadeiros slogans políticos: CONCORDIA MILITUM ("Concordia entre os exércitos", FIDES EXERCITUS ("Fidelidade do exército"), PAX AETERNA ("Paz eterna") etc.
As marcas de ceca A partir de Aureliano, mediante símbolos, e continuando con Diocleciano, máis explicitamente con abreviaturas, cada obradoiro monetario marcaba, xeralmente no reverso, as moedas que producía mediante unha marca de ceca para que se coñecese a súa procedencia. Se unha ceca abranguía diversos obradoiros, normalmente cada un deles marcábase mediante unha letra clasificatoria, latina ou grega, colocada antes ou despois da marca de ceca. Este é o caso de A.L, B.L, C.L, D.L para os catro obradoiros da ceca de Lugdunum, ou a serie P, S, T, Q (iniciais de Prima, Secunda, Tertia e Quarta), utilizada noutras cecas. A letra de clasificación podía, así mesmo, atoparse no campo do reverso, á dereita ou á esquerda, acompañada en ocasións por algún outro símbolo como unha coroa, unha pola de loureiro ou unha estrela.Depeyrot, G. (2006). Páxina 162. miniatura|123x123px|Sólido de Teodosio I (379-395) coa marca de ceca CONOB no exergo No século IV, as marcas tornáronse máis complexas, co emprego de prefixos e de sufixos. Por exemplo, a ceca de Tesalónica, ademais das formas abreviadas TS ou TES pode empregar tamén:
SMTS, de S(ACRA) M(ONETA), "moeda sagrada", no sentido de "intocable", advertindo da prohibición do recorte de metal. TESOB, de OB(RYZIACUS), "en ouro puro", a modo de marca de certificación do metal, introducida en 368.Depeyrot, G. (2006). Páxina 172.Plinio 33, 3: Auri experimento ignis est, ut simili colore rubeat quo ignis: atque ipsum obryzum vocant.
Na ceca de Constantinopla, adoito marcada como CON ou CONS, engádese tamén nesta época a forma CONOB(RYZIACUS) para o caso das súas cuñaxes de ouro (sólidos)."CONOB". Forum Ancient Coins.
Listaxe de cecas da Antiga Roma