Alborear foi un periódico editado en Forcarei en 1931.
Historia e características Subtitulado Revista quincenal literaria e independiente, apareceu en Forcarei en 1931. Fundada por Virxilio Blanco e Jacinto Caldera Manzano. Jacinto Caldera era o director-administrador e Virxilio Blanco o redactor artístico. De ideoloxía católico-galeguista, propúñase combater a politiquería, o caciquismo, o favoritismo e outras lacras que envelenaban as pequenas vilas de Galicia. Publicou polo menos nove números, sendo o número 9 o correspondente ao 30 de decembro de 1931.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Forcarei Categoría:1931 en Galicia