A Liga Sacyr Asobal 2019/20 foi a 69ª edición da máxima categoría do balonmán español masculino, a 30ª coa denominación de Liga Asobal.
Desenvolvemento A tempada deuse por finalizada en maio de 2020, despois de que se disputaran só 19 xornadas das 30 previstas debido á pandemia de coronavirus de 2020, que mantivo a tempada parada desde febreiro.
A ASOBAL decidiu darlle o título de campión ao FC Barcelona, sendo este o seu décimo título consecutivo, así como unha praza para a Liga de Campións da EHF da seguinte tempada. Ademais, Ademar León, Bidasoa Irún e BM Benidorm, este último como subcampión da Copa do Rei, foron os clasificados para a seguinte edición da Copa EHF. O Bidasoa Irún clasificouse para a competición europea por ser terceiro ao final da primeira volta, así como o Ademar por ser segundo ao final da mesma, xa que no momento do peche da competición o club vasco ía cuarto.
A tempada concluíu sen descensos, polo que os dous últimos clasificados no momento en que se cancelou a competición, BM Huesca e BM Cangas, permaneceron na categoría. Por último, decretouse o ascenso dos dous primeiros clasificados da División de Honra Prata, ascendendo a ASOBAL o BM Cisne de Pontevedra, que debutará na máxima categoría, e o BM Villa de Aranda.
Equipos Frigoríficos do Morrazo BM Cangas Liberbank Cantabria Sinfín Bidasoa Irún Abanca Ademar León Recoletas Atlético Valladolid CB Nava BM Logroño La Rioja Helvetia Anaitasuna Bada Huesca Barça Lassa Frakin BM Granollers BM Benidorm Fertiberia Puerto Sagunto Quabit Guadalajara Liberbank Cuenca Ángel Ximénez Avia Puente Genil
Clasificación PosEquipoJXGEPGFGCDifPts1FC Barcelona (C) 19 19 0 0 730 472 +258 38 2 ABANCA Ademar León 19 16 1 2 560 499 +61 33 3 BM Logroño La Rioja 19 15 0 4 596 523 +73 30 4 Bidasoa Irún 19 12 3 4 523 478 +45 27 5 Liberbank Cuenca 19 11 1 7 520 489 +31 23 6 Fraikin BM Granollers 19 10 1 8 547 534 +13 21 7 Quabit Guadalajara 19 5 6 8 482 505 -23 16 8 Angel Ximénez Avia Puente Genil 19 7 1 11 527 557 -30 15 9 Viveros Herol Balonmano Nava (A) 19 5 4 10 465 491 -26 14 10 Recoletas Atlético Valladolid 19 7 0 12 523 553 -30 14 11 Fertiberia Puerto Sagunto (A) 19 5 4 10 504 573 -69 14 12 BM Benidorm 19 6 2 11 487 532 -45 14 13 Helvetia Anaitasuna 19 6 1 12 517 565 -48 13 14 Liberbank Cantabria Sinfín 19 6 1 12 466 528 -62 13 15 Bada Huesca 19 5 1 13 480 527 -47 11 16 Frigoríficos do Morrazo BM Cangas 19 2 4 13 458 559 -101 8
EHF Champions League EHF European Cup Descenso a División de Honra Prata (C) Campión (A) Ascendidos na tempada 2018/19
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web da ASOBAL
Categoría:Liga ASOBAL