Maria Isabel Barreno de Faría Martins, nada en Lisboa o 10 de xullo de 1939 e finada na mesma cidade o 3 de setembro de 2016, foi unha escritora, ensaísta, artista plástica e xornalista portuguesa.
Biografía Naceu en Lisboa, na freguesía do Socorro. Os seus pais moraban no Areeiro, onde pasou a súa infancia e adolescencia.Aos 6 anos ficou doente na casa, comezando a ler moito a partir desa altura. Estudou no Colexio do Sagrado Corazón de Maria de Lisboa, onde fixo a primaria até á conclusión do ensino secundario. Entrou na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, onde se licenciou en Ciencias Histórico-Filosóficas.
Despois de se licenciar, foi traballar para o Instituto de Investigación Industrial. O seu labor como investigadora seguiu no Instituto de Opinión Pública (1967-1969) e o Instituto de Estudos para o Desenvolvemento (1983-1988), así como na Unesco (1984- 1985).
A principios da década de 1990, ocupou o poesto de xefa de redacción da edición portuguesa da revista Marie Claire e a partir de 1996 viviu en Francia, onde traballou como coordinadora do ensino do portugués e xornalista e Conselleira Cultural para os Asuntos do Ensino na Embaixada portuguesa en París.
Dedicouse á causa do feminismo tendo feito parte do Movemento Feminista de Portugal xuntamente coas escritoras Maria Teresa Horta e Maria Velho da Costa, as Tres Marias, que publicaron Novas Cartas Portuguesas (1972), obra en que se manifesta unha aberta oposición aos valores femininos tradicionais. Esta publicación claramente antifascista e altamente provocadora para o réxime, levou as súas tres autoras ante un tribunal (proceso con grande impacto internacional), tendo o 25 de Abril interrompido as sancións a que estaban suxeitas as denominadas Tres Marias.
O 8 de marzo de 2004 foi feita Grande-Oficial da Orde do Infante D. Henrique.
Obras
Adaptação do Trabalhador de Origem Rural ao Meio Industrial Urbano (1966). A Condição da Mulher Portuguesa (1968). Colaboración. De Noite as Árvores São Negras (1968). Publicações Europa-América. Novela. Os Outros Legítimos Superiores (1970). Caminho, en 1997. Novela, folletín de ficción filosófica. Novas Cartas Portuguesas (1971) . Con Maria Teresa Horta e Maria Velho da Costa. En 1998 e 2010, Dom Quixote. A Morte da Mãe (1972). Caminho. Novela. A Imagem da Mulher na Imprensa (1976). Comissão da Condição Feminina. Inventário de Ana (1982). Edições Rolim. Contos Analógicos (1983). Edições Rolim. Sinos do Universo. A evolução antes da vida (1984). Con Rui Perdigão e Joaquim José Moura Ramos. Difel. Ensaios. Contos (1985). Célia e Celina (1985). Edições Rolim. O Falso Neutro: Um Estudo Sobre a Discriminação Sexual no Ensino (1985). Ensaio. O Mundo Sobre O Outro Desbotado (1986). Caminho. Novela. O Direito ao Presente: Um Estudo Sobre a Juventude Portuguesa (1988). O Falso Neutro (1989). Diversos. Novela. Crónica do Tempo (1991). Caminho. Novela. O enviado (1991). Caminho. Contos. O Chão Salgado (1992). Caminho, en 1997. Novela. Os Sensos Incomuns (1993). Caminho. Contos. O Senhor das Ilhas (1994). Caminho, en 1998. Novela. O Círculo Virtuoso (1996). Caminho. 5 contos. As Vésperas Esquecidas (1999). Caminho. Novela. Cartilha dos Amores Secretos (2000). Con Luís Carmelo, Urbano Tavares Rodrigues e Clara Pinto Correia. Ed. Notícias. Haberá algún amor que non sexa secreto? Catro autores novelan sobre o tema. Um Imaginário Europeu (2000). Caminho. Ensaio sobre a política europea. A Ponte (2004). Dom Quixote. Novela que parte da morte dun home nas manifestacións na Ponte 25 de Abril. Vozes do Vento (2010). Sextante Editora. Novela sobre unha saga colonial en Cabo Verde. Corredores Secretos (2010). Sextante Editora. Son dúas colectáneas de contos.
Premios 1991: Premio Fernando Namora, por Crónica do Tempo 1993: Prémio P.E.N. Clube Português de Ficção, Grande Prémio de Conto Camilo Castelo Branco, por Os Sensos Incomuns.
Notas
Categoría:Feministas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados en 1939 Categoría:Escritores en lingua portuguesa