Natalia Dmitrievna Vavilova (, nada en Moscova o 26 de xaneiro de 1959, é unha actriz rusa.

Traxectoria Criouse na avenida de Lenin, seu pai traballaba no corpo diplomático. Vavilova comezou a súa carreira como actriz á idade de catorce anos, debutou no filme Takie Vysokie Gory (1974) de Iulia Solntseva e comezou a se facer coñecida pola súa interpretación da escolar Taya Petrova no filme Rozygrysh (1976) de Vladimir Menshov. En 1984 graduouse no Instituto Gerasimov de Cinematografía, no que estudou baixo a dirección de Evgenii Matveev, un aclamado actor e director. O éxito e a fama chegáronlle co papel de Aleksandra Tikhomirova no filme que logrou o Oscar ao mellor filme estranxeiro Moskva slezam ne verit en 1980.

En 1986 mentres rodaba o filme histórico Nikolai Podvoiski, caeu dun cabalo e sufriu un traumatismo da columna vertebral. A súa derradeira película foi un traballo para a televisión, en 1991, Delo Sukovo-Kobylina e logo viviu retirada da esfera pública co seu marido, o director de cine Samvel Gasparov, nunha casa a doce quilómetros de Moscova ata a morte del o 26 de maio de 2020 a causa da pandemia de coronavirus .

Notas

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Moscova Categoría:Actores de cinema de Rusia