Para outras persoas tamén chamadas Ian Stewart, véxase a páxina de homónimos Ian Stewart

Bernard Harold Ian Halley Stewart, Baron Stewartby, coñecido tamén como Lord Stewartby, nado o 10 de agosto de 1935 e finado o 3 de marzo de 2018, foi un político membro do Partido Conservador e un numismático británico. Foi membro do Parlamento desde 1974 a 1992, e da Cámara dos Lords entre 1992 e 2015."Bernard Harold Ian Halley Stewart, Baron Stewartby". The Peerage.Bateson, D. (2019). "Ian Stewart". En Biographical Memoirs of Fellows of the British Academy. The British Academy. Páxinas 217-240."Ian Stewart, Baron Stewartby (1935-2018)". En Coins Weekly. 14 de marzo de 2018.Steven, A. (2018). "Obituary - Lord Stewartby, pre-eminent expert on Scottish coins who donated his collection to the Hunterian". En The Herald. 8 de marzo.

Traxectoria

Primeiros anos Stewart era fillo do profesor Harold Charles Stewart FRSE e de Dorothy Irene Lowen, e tomou o seu primeiro nome do seu avó, Bernard Halley Stewart.

Cursou o ensino secundario no Haileybury College e posteriormente graduouse no Jesus College, da Universidade de Cambridge, onde se graduou en estudos clásicos e despois fixo un mestrado de artes. En 1994 acadou o recoñecemento como membro honorario dese colexio universitario."Stewartby". Who's Who 2020.

Carreira política Stewart foi membro do Parlamento polo distrito electoral de Hitchin desde febreiro de 1974 ata 1983, e polo de North Hertfordshire desde 1983 ata que abandonou esta cámara en 1992. Nese período exerceu os cargos como viceministro de Defensa, secretario económico do Tesouro e Ministro das Forzas Armadas.

Logo de abandonar a Cámara dos Comúns, ingresou na Cámara dos Lords, tomando o título de Barón Stewartby, de Portmoak, no distrito de Perth e Kinross, o día 20 de xullo de 1992."Issue: 52998. Page: 12418". The Gazette. 23 de xullo de 1992. Permaneceu na Cámara dos Lords ata o seu retiro o 12 de novembro de 2015."Lord Stewartby. Parliamentary career". UK Parliament.

Relevancia na numismática O interese de Stewartby na moeda escocesa comezou xa na súa etapa escolar. Comezou a confeccionar unha colección de moeda escocesa mais, consciente da ausencia dunha obra completa de referencia acerca deste tema (exceptuando a xa desfasada Coinage of Scotland, publicada por Edward Burns en 1887), decidiuse a elaborala el mesmo. O resultado foi The Scottish Coinage, publicada pola editora Spink and Son en 1955.

Ese interese pola numismática foi o que levou a Academia Británica a elixilo como un dos seus membros en 1981, recoñecendo as súas contribucións á numismática británica. As súas áreas de interese, ademais da moeda escocesa, foron a moeda anglosaxoa e as emisións baixomedievais inglesas. As súas publicacións acerca destes temas convertéronse de camiño en obras de referencia, aínda que Stewar non chegou a ocupar, ao longo da súa carreira, ningún posto académico.

En xullo de 2007, Stewartby sufriu o roubo da súa colección de moedas escocesas, con exemplares que databan desde o século XII e que tiñan un valor estimado de 500.000 libras. Malia ofrecerse unha recompensa de 50.000 libras, as moedas non foron recuperadas."Rare coins worth £500,000 stolen". En BBC News. 9 de xullo de 2007."£50,000 reward in coin theft hunt". En BBC News. 3 de novembro de 2008."New evidence in 'Lord Stewartby Collection case'". En Coins Weekly. 16 de febreiro de 2012.

Vida familiar Casou con Debora Charlotte Buchan o 8 de outubro de 1966, e xuntos tiveron dúas fillas e un fillo.

Recoñecementos

1956: Premio Parker Weber, da Royal Numismatic Society, de Londres."The Parkes Weber Prize". The Royal Numismatic Society. 1970: Membro electo da Sociedade de Aunticuarios de Londres."Ian Howard Stewart ". Society of Antiquaires of London. 1971: Medalla Sanford Saltus, da British Numismatic Society."Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society. 1981: Membro electo da Academia Británica. 1986: Membro electo da Real Sociedade de Edimburgo."The Rt Hon Lord Bernard Harold Ian Halley Stewartby RD FBA FRSE". Royal Society of Edinbourgh 1991: Nomeado Knight Bachelor pola Raíña Isabel II."Issue: 52563. Page: 2". The Gazette. 14 de xuño de 1991. 1996: Medalla da Royal Numismatic Society."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.

Publicacións

(1955): The Scottish Coinage. Spink and Son. (1983): Studies in Numismastic Method (con C. N. L. Brooke et al). Cambridge University Press. ISBN 9780521091336 (1989): Coinage in Tenth-Century England (con C. E. Blunt et al.). Oxford University Press. ISBN 9780197260609 (1992): A New History of the Royal Mint (con C. E. Challis et al.) Cambridge University Press. ISBN 9780521240260 (2009): English Coins: 1180-1551. Spink & Son. ISBN 978-1902040912

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Vídeos: The Academic Collection of Lord Stewatrtby: Part 1 - Part 2 - Part 3 - Part 4 - Part 5.

Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Membros do Parlamento do Reino Unido Categoría:Políticos conservadores Categoría:Membros da Academia Británica Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla Sanford Saltus Categoría:Galardoados co premio Parkes Weber Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge