dereita|miniatura|Obituario en La Integridad. Juan Mariño Álvarez, finado no Torrón (Sobrada, Tomiño) o 31 de outubro de 1920, foi un político galego. Traxectoria Foi nomeado alcalde de Tomiño a principios do século XX. Sufriu un atentado por Manuel Álvarez Álvarez a noite do 26 de outubro de 1920,Diario de Pontevedra, 28-10-1920, p. 2. e malia que o doutor Darío Álvarez Limeses o atendeu das coiteladas causadas, faleceu a noite do 31 de outubro a consecuencia das feridas.El Compostelano, 3-11-1920, p. 2. Vida persoal
Casou con María Castiñeira Martínez, e foi pai de José, Primitiva, Manuel e Pedro Mariño Castiñeira.
Notas
Categoría:Alcaldes de Tomiño Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1920 Categoría:Asasinatos en Galicia