O Mapa de Sawley é un mapamundi datado no ano 1190, e considérase o mapa enciclopédico máis antigo conservado das Illas Británicas.

Datos Foi atopado na abadía de Sawley, un mosteiro cisterciense de Yorkshire, e está custodiado na Biblioteca Parker da Universidade de Cambridge. A súa atribución ao arcebispo Henrique de Mainz é dubidosa. Simboliza a catedral de Santiago de Compostela como o edificio máis importante dos representados, e emprégase na teorización de que na Idade Media se asociaba Compostela coa fin da Historia, coa apocalipse.

Foi un dos obxectos incluídos na exposición Galicia, un relato no mundo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Mapa de Sawley

Categoría:Manuscritos Categoría:Século XII Categoría:Mapas