Joaquín Romero Míguez, nado en Currás (Tomiño) o 6 de outubro de 1898 e finado en Vigo en 1987, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Tomiño pola parroquia de Currás e elixido primeiro tenente alcalde en abril de 1925.El Pueblo Gallego, 5-5-1925, p. 13. Logo da destitución do alcalde Agustín Álvarez Paredes, foi elixido alcalde de Tomiño en xuño de 1925.El Pueblo Gallego, 30-6-1925, p. 6. Permaneceu no cargo até o ano seguinte. Foi mestre interino de Lebozán e Ribadelouro e mestre titular no Ribeiro (Celanova) dende 1934.El Noticiero Gallego, 18-3-1934, p. 2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurado; sancionado en 1940 co traslado fóra da provincia, foi destinado a Valdemaluque (provincia de Soria).Labor, 27-8-1940, p. 2. En 1946 conseguiu o traslado para a escola unitaria número 2 de Goián.El Correo Gallego, 23-7-1946, p. 3. En 1965 trasladouse a Vigo.El Pueblo Gallego, 14-10-1965, p. 15.
Vida persoal Casou en Vigo con Teresa Rodelgo de Haz en xaneiro de 1936.El Pueblo Gallego, 19-1-1936, p. 4.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes de Tomiño Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Tomiño Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes