Segundo a mitoloxía grega, Quirón (do ; "man")Comparado cos dáctilos, "dedos", antigos mestres da arte da metalurxia e sanadores máxicos. era o centauro superlativo, considerado como o "máis sabio e xusto de tódolos centauros".Homero. Ilíada, Libro 11.831.

Era o fillo do titán CronosSaturno, na mitoloxía romana. e da oceánide Filira (ou Fílira),Hixino. Poeticon Astronomicon, 2.38.1 ffEscolio e Apolonio de Rodas, Argonautica 2.1235 citando a Ferecides de Atenas sendo posiblemente irmán de DolopsHixino: Fábulas mitolóxicas, Prólogo 14: "De Saturno y de Fílira, Quirón y Délope"; o tradutor engade en nota a rodapé que "Probablemente, Dólope era un epíteto de Quirón e Higino creó por error un nuevo personaje". Hixino volve a describir esta xenealoxía de Quirón na fábula 138. e Aphrus, o devanceiro e epónimo dos Aphroi, ou os africanos.Suda s.v. Aphroi Quirón viviu principalmente no monte Pelión; alí casou coa ninfa Cariclo, con quen tivo tres fillas, Hipe (tamén coñecida como Melanipe, que quere dicir "égua negra" ou Euipe, "égua boa"), Endeide e Ociroe, e un fillo, Caristo. Unha fonte diferente sinala a Aristaeo como o seu fillo.Lírica grega IV: Baquílides, Fragmento 45 (de Escolio en Apolonio de Rodas)

Traxectoria thumb|Quirón, Peleu e Aquiles de neno.|esquerda

Quirón foi notable en toda a mitoloxía grega pola súa natureza de coidador da xuventude. As súas habilidades persoais tenden a coincidir coas do seu pai adoptivo Apolo, quen ensinou ó xove centauro a arte da medicina, as herbas, a música, o tiro con arco, a caza, a ximnasia e a profecía, e fíxoo elevarse por enriba da súa natureza bestial.Xenofonte de Atenas. Cynegeticus. 1; Filóstrato. Heroicus. 9, Icon. ii. 2; Píndaro. Píticas, 9.65. Quirón era coñecido polos seus coñecementos e a súa habelencia na medicina, e a el atribúeselle o descubrimento da botánica e da farmacia, a ciencia das herbas e a medicina.Plinio o Vello. Naturalis Historia, Libro 7.56.3

Como os sátiros, os centauros eran coñecidos por ser salvaxes, luxuriosos, bebedores, violentos estando intoxicados e polo xeral delincuentes sen cultura. Quirón, pola contra, era intelixente, civilizado e amable, xa que non estaba directamente relacionado cos outros centaurosHomero, Ilíada xi.831. pola súa liñaxe.

Como os outros centauros, Quirón foi expulsado posteriormente polos lápitas do seu fogar; porén, ofrecéronse sacrificios na súa honra polos magnesios até un período moi tardío, e a familia dos Cheironidae desa zona, que se distinguiron polo seu coñecemento na medicina, foron considerados os seus descendentes.Plutarco. Symposiacs. iii. 1 ; Müller, Orchom. p. 249.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía William Smith. Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. s.v. Cheiron. Londres (1848)

Categoría:Centauros