O Museo Asmolean, formalmente: Museo Ashmolean de Arte e Arqueoloxía (en inglés: Ashmolean Museum of Art and Archaeology) sito na rúa Beaumont da cidade inglesa de Oxford, é o primeiro museo universitario do mundo, vinculado á Universidade de Oxford."Ashmolean Museum". En Collins Dictionary.MacGregor, A. (2001).

A súa primeira sede foi construída entre 1678 e 1683 para albergar o "gabinete de curiosidades" que Elias Ashmole lle doou á Universidade de Oxford en 1677. O edificio actual ergueuse entre 1841 e 1845.

O museo reabriu as súas portas en 2009 logo dunha fonda renovación. En novembro de 2011 inauguráronse novas galerías especializadas no Antigo Exipto e en Nubia, e en maio de 2016 abríronse outras dedicadas á arte do século XIX.

Historia

Sede en Broad Street O museo comezou a súa andaina o 24 de maio de 1683, co naturalista Robert Plot como primeiro conservador."Ashmolean Museum". Pitt Rivers Museum. A construción daquel edificio, situado na rúa Broad e que deu en coñecerse como o Vello Ashmolean, atribúeselle ás veces a Christopher Wren ou a Thomas Wood."The Old Ashmolean Museum". En Salter, H. E.; Lobel, M. D. (1954). A History of the County of Oxford: Volume 3, the University of Oxford. Londres. Páxinas 47-49. British History Online

Elias Ashmole adquiríralle a colección á familia de Xardineiros, viaxeiros e coleccionistas composta por John Tradescant, o Vello, e o seu fillo John Tradescant, o Novo. Aquela colección inicial abranguía moedas antigas, libros, gravados e pezas xeolóxicas e zoolóxicas; unha destas últimas era o corpo do derradeiro dodo visto en Europa, aínda que acabou tan devorado pola couza que en 1755 houbo que destruílo, coa excepción da súa cabeza e unha gadoupa.Nowak-Kemp, M.; Hume, J. (2016). "The Oxford Dodo. Part 1: the museum history of the Tradescant Dodo: ownership, displays and audience". En Historical Biology. Marzo. Páxinas 1-14.

Sede en Beaumont Street miniatura|Gravado do edificio do Museo Ashmolean ca. 1856 O edificio actual, na rúa Beaumont, construíuse entre 1841 e 1845. Foi deseñado para as galerías universitarias de Oxford polo arquitecto Charles Cockerell, nun estilo clásico. Unha ala do edificio, na esquina entre as rúas Beaumont e St Giles, está ocupada pola Taylor Institution, que é a Facultade de Linguas Modernas da Universidade. Esta ala foi deseñada por Cockerell utilizando a orde xónica da arquitectura grega.Alden's Oxford Guide. Oxford. Alden & Company. 1946. Páxinas 103, 105.

Arthur Evans (1851-1941), que foi nomeado conservador e que exerceu o seu labor desde 1884 ata o seu retiro en 1908, foi un dos responsables de que o museo chegase a se converter no que hoxe é.Evans, J. (1943). Time and Chance: The story of Arthur Evans and his forebears. Londres. Longmans. Evans descubriu que algúns dos anteriores conservadores e directivos da entidade fixeran unha mala xestión que levara a perder case a metade das pezas da colección. El emprendeu unha serie de reformas e recibiu a doazón da colección de antigüidades de Charles Drury Edward Fortnum (1820-1899)MacGregor, A. (2001). Páxina 56.. Esta doazón viña acompañada da suma de 10.000 libras, que lle permitiu a Evans construír unha extensión das galerías universitarias e trasladar alí a colección Ashmolean en 1894. En 1908, a colección Ashmolean e as galerías universitarias fusionáronse no que se denominou Museo Ashmolean de Arte e Arqueoloxía."The Ashmolean Museum Conservation Plan ". Xuño de 2012. Universidade de Oxford. Ademais, o museo converteuse nun depósito dalgúns dos importantes achados arqueolóxicos das escavacións de Evans en Creta. miniatura|The Great Bookcase, exposto na sala de arte vitoriana do Museo Ashmolean. Despois de que varios obxectos da colección fosen trasladados a novos museos, o edificio do Vello Asmolean utilizouse para as oficinas do Oxford English Dictionary. En 1924 estableceuse nel o Museo de Historia da Ciencia, entre cuxas exposicións se inclúen instrumentos científicos doados á Universidade de Oxford por Lewis Evans (1853-1930), o irmán máis novo de Arthur Evans. Destaca entre estes instrumentos a colección de astrolabios máis grande do mundo.Johnston, S. (2015). "Astrolabes in Medieval Jewish Society". The Warburg Institute. University of London, School of Advanced Study.

Charles Buller Heberden (1849-1921) foi outro dos grandes benfeitores da institución. Doou 1.000 libras á Universidade que foron usadas para a sala do gabinete de moedas e medallas do museo, que, na súa honra, tomou o nome de Sala Heberden.Kraay, C. M.; Sutherland, C. H. V. (1972). The Heberden Coin Room: Origin and Development. Oxford. Ashmolean Museum.

En 2012, a Fundación Andrew W. Mellon, con sede en Nova York, concedeulle ao Museo Ashmolean 1.100.000 dólares para a posta en marcha do Programa de Participación Universitaria. Este programa desenvólveno tres conservadores docentes e un director co obxectivo de utilizar as coleccións do museo na actividade didáctica e investigadora da Universidade de Oxford."The Ashmolean is first and foremost a University museum". Ashmolean.org

Renovación e ampliación miniatura|Parte central do Museo Ashmolean, renovada en 2009 O interior do Ashmolean modernizouse considerablemente nos últimos anos e agora inclúe un restaurante e unha tenda de regalos."Café and restaurant ". Ashmolean.org

En 2000 abriuse na entrada do edificio a Galería de Pintura chinesa, deseñada polo estudio londiniense de arquitectura van Heyningen & Hawards. Esta colección alberga a propia colección de Ashmole e tamén se utiliza ocasionalmente para as exposicións temporais de préstamos doutros museos e de obras de artistas chineses contemporáneos."Chinese Painting Gallery, Ashmolean Museum, Oxford". van Heyningen & Haward Architects.

A biblioteca Sackler, onde se conservan as coleccións de libros máis antigas do Museo Ashmolean, abriu en 2001 e posibilitou a expansión desa colección orixinal, especializada en obras sobre as civilizacións clásicas, a arqueoloxía e a historia da arte.Park, E. (2009). "Ashes to Ashmolean ". En Oxonian Review of Books. 9 de novembro.

Entre 2006 e 2009, o museo sufriu unhas reformas de expansión deseñadas polo arquitecto Rick Mather, co apoio económico do Heritage Lottery Fund. Esta ampliación, que tivo un orzamento de 98,2 millóns de dólares, consistiu na reconversión dos tres andares iniciais en cinco alturas, co que se duplicou o espazo de exposición e se equipou un centro educativo. O museo renovado reabriu as súas portas ao público o 7 de novembro de 2009.Vogel, C. (2013). "Director of Ashmolean Museum at Oxford to Step Down". En The New York Times. 20 de xuño."The reopening of The Ashmolean, review". En The Telegraph. 2 de novembro de 2009."Ashmolean Museum opens to public". BBC News. 7 de novembro de 2009."Transforming: Transformed- Ashmolean Museum". Ashmolean.org

O 26 de novembro de 2011, o Ashmolean inaugurou as novas galerías do Antigo Exipto e de Nubia. Esta segunda fase da renovación fai posible a exposición de obxectos que estiveran almacenados durante décadas, entre eles máis do dobre de cadaleitos e de momias. Rick Mather dirixiu o redeseño e o novo espazo expositivo, que anteriormente estaba dividido en catro salas."Transforming: Egypt- Ashmolean Museum". Ashmolean.org. 26 de novembro de 2011.

En maio de 2016, o museo abriu novas galerías dedicadas á exposición da súa colección de arte vitoriana."Great Boockase". Ashmolean.org Isto permitiu o regreso ao Ashmolean do Great Bookcase ("o grande estante"), un moble de libraría deseñado por William Burges e descrito como "to exemplo máis importante de moble pintado da época vitoriana".

Coleccións miniatura|191x191px|Anverso, reverso e detalle da Xoia de Alfredo miniatura|284x284px|Máscara funeraria de Oliver Cromwell miniatura|191x191px|O Relevo Metrolóxico miniatura|191x191px|Táboa de Kish, datada no 3500 a. de C.

A sección principal do museo contén grandes coleccións de pezas arqueolóxicas e de belas artes. Atópanse aí unha das mellores coleccións de pinturas prerrafaelistas, cerámica de Maiólica e prata inglesa. O departamento de arqueoloxía alberga o legado de Arthur Evans e ten unha colección excelente de cerámica grega e minoica, así como unha extensa colección de antigüidades do Antigo Exipcio e do Sudán. No seo do museo inscríbese tamén o Instituto Griffith para o avance da exiptoloxía.

Entre as pezas máis sobranceiras do Museo Ashmolean pódense salientar as seguintes:

Debuxos de Michelangelo, Rafael e Leonardo da Vinci. Pinturas de Picasso, Uccello, van Dyck, Peeters, Rubens, Cézanne, Tiziano, Lorrain, Turner etc. A Xoia de Alfredo, datada no século IX. O violín chamado Mesías, de Antonio Stradivari."Messiah Violin, By Stradivari". Ashmolean.org O arquivo da familia Pissarro, doado na década de 1950, consistente en pinturas, gravados, debuxos, libros e cartas de Camille Pissarro e doutros membros da familia. Vestido cerimonial árabe propiedade de Laurence de Arabia. Unha máscara funeraria de Oliver Cromwell. Unha importante mostra dos Papiros de Oxirrinco, entre eles algúns manuscritos bíblicos do Antigo e do Novo Testamento. Máis de 30 pezas de vidro dourado das catacumbas romanas de tempos do imperio, a terceira colección máis grande, despois das dos Museos Vaticanos e do Museo Británico."Wilshere Collection of Early Christian and Jewish Antiquities". National Heritage Memoruial Found. Unha gran colección de antigüidades do Exipto prehistórico e do período exipcio arcaico. A parte inferior do Mármore Pariano, o primeiro exemplo existente dunha táboa cronolóxica grega. O Relevo Metrolóxico, que amosa medidas utilizadas na Antiga Grecia. A capa cerimonial do Xefe Powhatan. The colección minoica de Arthur Evans, a meirande fóra de Creta. A Táboa de Kish. A táboa coa listaxe dos Reis de Sumeria."Sumerian King List". Ashmolean.org

Legados e adquisicións recentes salientables miniatura|292x292px|Portrait de Mademoiselle Claus, de Édouard Monet (1868)

En 2017, o museo adquiriu un retrato grupal de William Dobson pintado en Oxford arredor de 1645, durante a guerra civil inglesa."Ashmolean acquires great Civil War portrait by William Dobson". Blog de Alain R. Truong."New Ashmolean portrait by William Dobson reveals Oxford's civil war role". En Oxford Mail. 15 de maio de 2017. En 2017 produciuse a adquisición un tesouro viquingo que fora descuberto en South Oxfordshire en 2015, composto por máis de 200 moedas anglosaxoas, moitas delas de extremada rareza."Funds raised to acquire the Hoard of King Alfred". Gardens, Libraries & Museums. "Watlington hoard: Relics purchased for £1.35m by Ashmolean Museum". En BBC News. 1 de febreiro de 2017. En 2015 o Ashmolean recadou o diñeiro necesario para a adquisición dun cadro importante de J. M. W. Turner, co apoio do Fondo da Lotaría do Reino Unido e diversas subvencións públicas. Trátase do único óleo do autor dunha paisaxe urbana: The High Street, Oxford (1810)."The Ashmolean has raised the money needed to acquire a major painting by JMW Turner". En Art Daily. En outubro de 2014 comprouse unha obra de John Constable titulada Willy Lott's House from the Stour."John Constable painting transferred to public ownership in lieu of £1m tax". En The Guardian. 28 de outubro de 2014."Constable painting donated to the nation". En BBC News. 28 de outubro de 2014. En outubro de 2014, os coleccionistas Micheál e Elizabeth Feller entregaron ao museo Ashmolean unha colección de bordados históricos ingleses, composta por 61 pezas que abranguen todo o século XVII."Museum gets hooks into butcher’s £500k collection". En Oxford Mail. 27 de setembro de 2014.