dereita|miniatura|A rendición de Granada, obra de Francisco Pradilla, mostra ao rei Boabdil entregando as chaves de Granada aos Reis Católicos. A dinastía nazarí ou nasrí (en árabe, banū Naṣr ou en , naṣrīwn) foi a última dinastía musulmá que dominou o Reino de Granada desde 1238 até o 2 de xaneiro de 1492. A súa caída supuxo o final de al-Ándalus.
Esta dinastía tivo un total de 20 sultáns granadinos. O último deles, Boabdil, coñecido como "o Rei Mozo", negouse a pagar os tributos impostos pola Coroa de Castela ao Reino de Granada para permitir a supervivencia deste último. Este feito levou a raíña Isabel I de Castela a entrar en guerra co reino Nazarí, o que unido á guerra civil que xa padecía este reino, facilitou a conquista castelá. A organización territorial e administrativa do reino realizouse a través das tahas.
Durante o reinado desta dinastía edificouse o palacio da Alhambra, considerado o máximo expoñente da arte nazarí e unha das xoias da arte musulmá de todos os tempos.
Véxase tamén Bibliografía Arié, Rachel: El reino naṣrí de Granada: (1232 - 1492). Madrid: Ed. MAPFRE, 1992, ISBN 84-7100-500-X Arié, Rachel: Historia de España. 3. España musulmana: (Siglos VIII-XV). Barcelona: Ed. Labor 1993, ISBN 84-335-9423-0 Bueno, Francisco: Los Reyes de la Alhambra. Entre la historia y la leyenda 2004, ISBN 84-7169-082-9 Ibn al-Jatīb: Historia de los Reyes de la Alhambra [Al-Lamha al-Badriyya] Outros artigos Sultáns da dinastía Nazarí Reino nazarí de Granada Ruta dos Nazarís Benimerines Almohades
Categoría:Reis de España Categoría:Familias reais Categoría:Monarquía en España