O Mary Celeste foi un bergantín mercante norteamericano que se encontrou ao garete e sen tripulación no océano Atlántico a 400 millas náuticasAmy Tikkanen "Mary Celeste Encyclopædia Britannica dos Azores o 4 de decembro de 1872. Atopouno o bergantín canadense Dei Gratia en condicións de navegar, aínda que desantendido, coas velas parcialmente izadas e sen o seu bote salvavidas. A derradeira anotación do seu caderno de bitácora era de dez días antes. O navío deixara Nova York en rumbo a Xénova o 7 de novembro e ao atopalo aínda tiña provisións de abondo. A súa carga de alcol desnaturalizado estaba intacta e as pertenzas do capitán e tripulación inalteradas. Endexamais se volveu saber nada dos que ían no navío. O caso constitúe un dos casos máis coñecidos de navío pantasma.

Historia

Amazon miniatura|Spencer's Island en 2011. A embarcación que se había coñecer nun futuro como Mary Celeste construíuse en 1860 no estaleiro de Joshua Dewis na localidade de Spencer's Island, situada na costa da baía de Fundy en Nova Escocia.Fay, p. 44 O navío realizouse con madeira tallada nas proximidades, con dous mastros, e so a forma dun bergantín. O casco era de costados lisos, co entaboado beira con beira máis que sobreposto.Fay, p. 45 A súa botadura foi o 18 de maio de 1861 co nome Amazon, e quedou rexistrado na veciña Parrsboro o 10 de xuño de 1861. Segundo os documentos de rexistro tiña 30,3 metros de longo e 7,8 de largo, o seu calado era de 3.8 m e tiña 198,42 toneladas de arqueo brutoFay, pp. 192–93Begg, pp. 14–16. O propietario do bergantín era un consorcio local de nove persoas, dirixido por Dewis, e entre os propietarios estaba Robert McLellan, o seu primeiro capitán.Fay, p. 46

A súa primeira travesía realizouna en xuño de 1861 con derrota ao porto de Windsor para recoller un cargamento de xeso con destino a Nova York.Fay, pp. 49–50Así e todo, non está de todo claro o destino desta súa primeira viaxe; outras fontes citan que a primeira viaxe foi a de Five Island para recoller un cargamento de madeira con destino a Londres: Begg, pp. 17–18 Logo foi a Five Island para recoller un cargamento de madeira con destino a Londres e tras inspeccionar os labores de carga e pouco despois de iniciar viaxe ao destino, o capitán McLellan enfermou e ao se agravar o seu estado o navío deu volta a Spencer's Island e alí McLellan morreu o 19 de xuño.Begg, pp. 17–18Fay, p. 48 Substituíuno John Nutting Parker para cruzar o Atlántico ata Londres pero colidiu cun caneiro en Eastport, o que atrasou a viaxe algúns días, e despois de deixar Londres chocou e afundiu un navío no canal da Mancha.

Parker comandou a nave por dous anos, durante os que o Amazon traballou principalmente no comercio coas Indias Occidentais. Cruzou o Atlántico cara a Francia en novembro de 1861Fay, pp. 49–50 e en Marsella realizouse a única pintura contemporánea do bergantín, quizais obra de Honoré de Pellegrin, un recoñecido pintor de temas marítimos da escola de Marsella.Begg, Plate 2, pp. 166–67 En 1863 un novo capitán fíxose co mando, William Thompson, que mantería esa posición ata 1867. Eses foron anos tranquilos, dedicados ao comercio internacional coas Indias Occidentais, Inglaterra e o Mediterráneo. En outubro de 1867 unha tormenta arrastrou ao Amazon ata a costa da illa de Cabo Bretón e quedou tan danado que os propietarios o abandonaronHicks, p. 25 e o 15 de outubro Alexander McBena, de Glace Bay, mercouno como un depósito de naufraxio.Fay, pp. 50–51Begg, p. 19

Mary Celeste miniatura|O capitán do Mary Celeste, Benjamin Briggs. miniatura|esquerda|Sarah Elizabet Cobb, esposa do capitán do Mary Celeste e súa filla Sophia-Matilda. miniatura|Albert Richardson, primeiro oficial do Mary Celeste. Nese mesmo mes, McBean vendeu os restos a un empresario local, que á súa vez vendeuno en novembro de 1868 a Richard W. Haines, un mariñeiro norteamericano de Nova York.Fay, pp. 53–55 Haines pagou 1 750 dólares e gastou na súa restauración outros 8 825.Begg, p. 20 O propio Haines converteuse no seu capitán e rexistrouno en decembro en Nova York como navío estadounidense, cun novo nome, Mary Celeste. Os acredores de Heines incautáronlle o barco en outubro de 1869,Hicks, p. 26 e vendérono a un consorcio neoiorquino dirixido por James H. Winchester. Nos seguintes tres anos a composición dese consorcio cambiou varias veces, aínda que Winchester logrou manter cando menos a metade da propiedade. Non hai rexistros sobre a actividade do Mary Celeste neste período. Ao principiar 1872 someteuse a reparacións, por valor de 10 000 dólares, o que agrandou considerablemente o navío, pasando a 31 metros de longo, e 4,9 de calado.Fay, pp. 199–200Begg, p. 22 Entre os cambios estruturais salientou o engadido dunha segunda cuberta, aínda que tamén se ampliou a cuberta de popa, púxose un novo espello de popa e substituíronse moitas táboas. Os traballos levaron a aumentar a tonelaxe a 282,28. A 29 de outubro de 1872 Winchester posuía a metade do valor do consorcio, dous pequenos investidores tiñan un 8% cada un e o novo capitán, Benjamin Spooner Briggs, o resto.Hastings, p. 13 Briggs nacera en Wareham en 1835, no seo dunha familia mariñeira, seu pai era o tamén capitán Nathan Briggs, e tres dos seus catro irmáns eran tamén mariños;Begg, p. 24 Benjamin era cristián practicante que lía a Biblia e asistía a xuntanzas para orarFay, p. 22. Casara en 1862 coa súa prima Sarah Elizabeth Cobb e tiña dous fillos: Arthur, nado en setembro de 1865 e Sophia Matilda, nada en outubro de 1870Begg, pp. 26–28 Malia pensar en se retirar do mundo do mar e dedicarse aos negocios co seu irmán Oliver ao final decidiron investir os seus aforros en senllos barcos, Oliver no Julia A. Hallock e Benjamin no Mary Celeste. En outubro de 1872 comandou por primeira volta ao Mary Celeste, na primeira viaxe do navío despois da súa reforma e que tiña como destino Xénova en Italia. Acompañábano na travesía a súa dona e súa filla,Hicks, p. 7 mentres seu fillo quedaba na casa coa avoa.Fay, p. 17

Briggs elixiu a tripulación para a travesía coidadosamente.Begg, pp. 33–37 O primeiro oficial de cuberta, Albert G. Richardson estaba casado cunha sobriña de Winchester e xa navegara con Briggs con anterioridade.Fay, pp. 24–26 O segundo oficial, Andrew Gilling, tiña arredor de 25 anos, nacera en Nova York e era de orixe danesaFay, p. 27 O sobrecargo, o acabado de casar Edward William Head, fora contratado por recomendación persoal do propio Winchester. Os catro mariñeiros eran todos alemáns das illas Frisias: os irmáns Volkert e mais Boz Lorenzen, Arian Martens e Gottlieb Goudschaal. Nunha carta a súa nai pouco antes de levantar áncoras, Briggs declárase satisfeito co barco e a tripulación.

Saída de Nova York miniatura|O porto de Nova York no comezo da década de 1870. O 20 de outubro de 1872, Briggs chegou ao peirao 50 do East River da cidade de Nova YorkFay, p. 3 para supervisar o frete do navío que consistía en 1701 barrís de alcol desnaturalizado;Hicks, p. 59Hastings, pp. 44–45 súa dona e filla chegaron unha semana despois.

O 5 de novembro pola mañanciña, o Mary Celeste deixou o seu peirao e moveuse ao longo do porto de Nova York con Briggs, súa esposa e filla e mais sete membros da tripulación. O tempo era inestable e o capitán decidiu agardar por unha melloría e deu áncora en Staten Island.Begg, pp. 30–31 Dous días despois as condicións meteorolóxicas acalmaron, e o Mary Celeste deixou o porto e entrou no Atlántico.

Namentres o Mary Celeste preparaba a súa saída, o bergantín canadense Dei Gratia permanecía na localidade próxima de Hoboken esperando un cargamento de petróleo para Xénova vía Xibraltar.Hicks, p. 61 O capitán David Morehouse e o primeiro oficial de cuberta Oliver Deveau eran naturais de Nova Escocia e contaban cunha grande experiencia no mar,Begg, pp. 38–39 e saíu o 15 de novembro, coa mesma ruta que oito días antes tomara o Mary Celeste.

Descuberta miniatura|Gravado do Mary Celeste realizado na década de 1870 e que simula o estado no que estaba o barco no momento no que se encontrou. Arredor das 13 horas do mércores 4 de decembro o Dei Gratia estaba a medio camiño entre os Azores e a costa continental portuguesaHicks, p. 74 co capitán Morehouse na ponte e o temoneiro informou dun navío a unhas 6 millas que se aproximaba erraticamente cara ao Dei Gratia. Os movementos irregulares do barco e a disposición anómala das súas velas levaron a que Morehouse sopeitase que algo ía mal.Begg, pp. 40–41 Coa embarcación achegándose decatouse que non había ninguén na cuberta, e ao non recibir resposta aos seus sinais enviou a Deveau e mais ao segundo oficial John Wright nun bote para investigar. Ao situarse en popa puideron comprobar o nome da nave e procederon a subir a bordo atopando o barco abandonado. As velas estaban despregadas parcialmente, en mal estado e mesmo algunha faltaba na súa totalidade; gran parte do aparello estaba danado cos cabos dependurados polos costados. O cuartel do zapón principal permanecía no seu sitio pero as trapelas de proa e do lazareto estaban abertas, cos seus cuarteis cabo delas na cuberta. O único bote salvavidas era unha pequena iola que seica se gardaba enriba do zapón principal mais faltaba mentres que a bitácora que aloxaba o compás da nave mudárase de sitio e a cobertura de cristal rompera.Fay, pp. 38–41 A bodega cubríaa arredor dun metro de auga, unha cantidade importante pero non perigosa para un barco do seu tamaño.Hicks, p. 76 Unha vara de sondaxe improvisada, probablemente para medir a auga na bodega, estaba abandonada na cuberta.Begg, pp. 43–44

Atoparon o caderno de bitácora na cabina do primeiro oficial, e a súa derradeira anotación databa das 8 horas do 25 de novembro e indicaba que a posición entón do Mary Celeste era a 400 millas náuticas de onde a atopara o Dei Gratia. Deveau comprobou que os obxectos do interior da cabina estaban húmidos e luxados pola acción da auga que pasara polas entradas e bufardas pero mantiña unha orde razoable; deu con pertenzas persoais estradas pola cabina de Briggs, como unha espada envaiñada baixo da cama mais a maior parte dos documentos da nave e os instrumentos de navegación do capitán desapareceran. Os utensilios de cociña estaban coidadosamente recollidos nun lado; non había comida preparada ou en preparación, pero si había provisións de abondo nos depósitos. Non existían indicios patentes de lume ou violencia; a evidencia indicaba unha marcha ordenada do navío no bote que faltaba.Begg, pp. 45–46

Deveau volveu para informarlle a Morehouse, quen decidiu levar o barco abandonado a Xibraltar, localizado a 600 millas. Segundo o dereito marítimo quen rescatase un navío tiña dereito a unha parte substancial do valor combinado da nave rescatada e do seu cargamento, o valor exacto dependía do grao de risco que levara o salvamento. Morehouse dividiu a súa tripulación de oito entre os dous barcos, con Deveau e dous mariñeiros experimentados no Mary Celeste mentres el con outros catro mantíñanse no Dei Gratia. O tempo permaneceu relativamente quedo durante a maior parte da travesía pero os navíos ían tardos ao dispor de pouca mariñeiría. O Dei Gratia aportou a Xibraltar o 12 de decembro e o Mary Celeste, que atopara un banco de néboa, fíxoo á mañá seguinte e, inmediatamente, o tribunal do vicealmirantado procedeu á súa retención para preparar a audiencia de salvamento.Fay, pp. 41–42

Audiencia de salvamento miniatura|esquerda|Xibraltar a finais do século XIX. miniatura|Os xornais norteamericanos cubriron amplamente o caso. Nova publicada no New York Times o 26 de febreiro de 1873 con informacións do Boston Post.