Vlado Goreski Rafik (en macedonio, Владо Ѓорески - Рафик) nado en Bitola (Macedonia do Norte) o 21 de abril de 1958 é un pintor,escenógrafo, artista gráfico e deseñador de carteis teatrais macedonio.
Traxectoria Naceu en 1958 en Bitola, daquela Iugoslavia e hoxe Macedonia do Norte. Estudou na Facultade de Filosofía e Historia da Arte en Skopje, capital da Macedonia do Norte entre 1977e 1981; e despois, entre 1982 e 1987, na Academia de Belas Artes e Deseño en Liubliana, Eslovenia.
En 1980, comezou coma voluntario e en 1981 xa traballaba como pintor-artista no Teatro Nacional de Bitola. En 1982, traballou como curador de arte contemporánea no Instituto, Museo e Galería de Bitola.
A súa primeira exposición individual foi en 1981 e, dende entón, participou en diversas exposicións individuais e colectiva no seu país e en centros mundiais de arte.
Tamén está presente nos eidos da crítica de arte, fundamentalemente da arte gráfica, sen descoidar outros aspectos artísticos. Tamén adoita participar como membro de xurados ou consultor experto.International Triennial of Graphic Art, Bitola
Ten recibidos numerosos premios internacionais de arte como na Exposición Bienal de Iași (Romanía) en 2017.
Traballo Dende 1994, Goreski é o director da Trienal Internacional de Arte Gráficas de Bitola, que é o evento artístico máis significativo dos Balcáns occidentais.Triennial of Graphic Art Bitola, 2018
Exposicións internacionais Entre 2015 e 2020, ten participado en máis de cen exposicións de arte en moitos países do mundo, como por exemplo:
2019, Avanti grafika! drugič / Avanti Graphic! #2, Liubliana. 2018-2019, Valvasorjevi mednarodni grafični dnevi, Eslovenia. 2018, 9ª edición, Prints for Peace-Grabados por la Paz, México. 2017, Splitgraphic, Croacia
2016, Mirror. Face to face; exposición de artistas italianos e macedonios, Bitola (Macedonia do Norte)-Vicenza (Italia) 2015, Slovenija Open to Art – Slovenija odprta za umetnost
Libros
2011, Agata Gertchen: grafika. Katowice: Akademia Sztuk Pięknych/Wydział Artystyczny ISBN 9788361424291
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Incisori contemporanei
Categoría:Nados en 1958 Categoría:Pintores do século XX Categoría:Nados en Macedonia do Norte Categoría:Pintores do século XXI