A Casa da Moeda de Lituania (Lithuanian: Lietuvos monetų kalykla) é unha compañía lituana de titularidade pública, responsable da cuñaxe de moedas e medallas, e da fabricación de condecoracións oficiais e outros produtos. A casa de moeda está baixo o control do Banco de Lituania."Our activities". Lietuvos monetų kalykla."Information about mint: Lietuvos monetų kalykla (Lithuanian Mint)". Online Coin Club.

Esta ceca foi escollida para a produción das moedas lituanas do sistema do euro, logo do ingreso deste país na Eurozona en 2015."Euro coins ". Lietuvos Bankas.

Historia

Antecedentes A tradición da cuñaxe de moeda en Lituania remóntase aos tempos de Algirdas (1345-1377), grande duque de Lituania, cando se instituíu a capitalidade do país en Vilnius. A este período corresponden as primeiras emisións de moeda de prata."The First Lithuanian Coins ". Pinigų muziejaus. No entanto, as primeiras mostras das moedas de prata paneuropeas cuñadas en Vilnius (diñeiros, groats, etc.) non se deron ata un século despois, baixo o reinado do grande duque Alexandre (1492-1506)."Mints in Lithuania ". Pinigų muziejaus.

En 1508, baixo o gran duque Sexismundo o Vello (1506-1544), cuñáronse as primeiras moedas datadas. A emisión de moeda lituana estendeuse no período de Sexismundo Augusto (1544-1572), cando se xeneralizou a cuñaxe dunha gran variedade de valores xa coñecidos en Europa, fundamentalmente diñeiros, groats, táleros e ducados."Lithuanian Duchy coins catalog". Worldcoinsinfo.comRemecas, E. (2002). "Circulation of 16th century coins in the current territory of Lithuania". En Monetary Studies. Vol. VI. Nº 2. Xuño.

A cantidade de moedas cuñadas entre os séculos XVI e XVII nos obradoiros monetarios de Vilnius e de Kaunas foi grande. Porén, ambas as cecas pecharon en 1666, na época da chamada República das Dúas Nacións (Polonia e o Gran Ducado de Lituania).

A partir da proclamación da independencia de Lituania o 2 de novembro de 1918 e da introdución da unidade monetaria nacional, o litas, o 1 de outubro de 1922, retomouse a cuñaxe de moeda no país. As moedas de 1925, 1936 e 1938 producíronse algunhas noutros países e outras na factoría de Spindulys en Kaunas.

A Casa da Moeda de Lituania miniatura|Moedas cuñadas na Casa da Moeda de Lituania Logo da independencia da Unión Soviética, declarada o 11 de marzo de 1990, estableceuse en Vilnius a Casa da Moeda de Lituania (Lietuvos monetų kalykla) o 10 de decembro do mesmo ano."Lithuanian Mint". Zlate-mince.cz

A súa misión era comezar a cuñaxe das primeiras moedas do novo circulante, que en 1992 se limitaron aos valores de 1, 2 e 5 céntimos (centai). En 1997 continuouse a serie coa introdución das moedas de 10, 20 e 50 céntimos, e en 1998 completouse coa posta en circulación das de 1, 2 et 5 litas (litai). Máis tarde, as moedas de 2 e de 5 litai substituíronse por outras moedas bimetálicas."Litas coins ". Lietuvos Bankas.

A partir de 2015, a Casa da Moeda de Lituania comezou a produción das moedas en euros correspondentes a Lituania, logo da súa entrada na Eurozona o 1 de xaneiro dese mesmo ano.

A partir de 1993, a Casa da Moeda de Lituania comezou a cuñar moedas conmemorativas. A primeira moeda deste tipo foi a de 10 litas (litų) de cuproníquel, emitida para celebrar o 60 aniversario do voo sobre o Atlántico de Steponas Darius e Stasys Girėnas. En 1995 cuñouse a primeira moeda de 50 litas (litų) en prata, con motivo do quinto aniversario da independencia de Lituania."Collector and commemorative coins ". Lietuvos Bankas.

En 2005 a empresa constituíuse como sociedade de responsabilidade limitada da que o Estado posúe o 100 % das accións, e o Banco de Lituania ocúpase da súa xestión."Management Structure". Lietuvos monetų kalykla.

Galería de produtos

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Casa de moeda Cuñaxe

Ligazóns externas

Sitio web da Casa da Moeda de Lituania Sitio web do Banco de Lituania

Categoría:Casas de moeda Categoría:Moedas de Lituania Categoría:Empresas de Lituania Categoría:Historia de Lituania