Frederick Hamilton "Rick" Hauck, nado en Long Beach (California), o 11 de abril de 1941, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-7, STS-51-A e STS-26.
Traxectoria Hauck graduouse en física pola Universidade Tufts en 1962 e ten un máster en enxeñería nuclear polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 1966.
Foi seleccionado pola NASA en xaneiro de 1978. Participou nas misións STS-7, STS-51-A e STS-26 e pasou un total de 18,13 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-7 STS-51-A STS-26
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Long Beach