Le jeune Karl Marx é un filme de temática histórica do ano 2017 sobre a vida de Karl Marx dirixido polo haitiano Raoul Peck, escrito polo mesmo Peck e Pascal Bonitzer, e o papel do protagonista representado por August Diehl. Foi presentado no Festival de Cine de Berlín, do 9 ao 19 de febreiro de 2017.
thumb|August Diehl e Raoul Peck no 67º Festival Internacional de Cinema de Berlín.
Argumento Con 26 anos Karl Marx tense que exiliar da súa Prusia natal coa súa muller, mentres trataba de converterse nun escritor político e sociolóxico relevante. Coñece a Friedrich Engels en 1944 en París, un mozo fillo dun dono de varias fábricas téxtiles de Manchester, quen indagara sobre a vida dos traballadores e traballadoras das fábricas inglesas (A situación da clase obreira en Inglaterra). Logo comezan a complementarse e a facer traballos xuntos, chegando a crear, nun acto da Liga dos Xusto a Liga Comunista no seu sitio. O filme remata con Marx e Engels escribindo e publicando o coñecido Manifesto Comunista en 1848.
Personaxes August Diehl como Karl Marx Stefan Konarske como Friedrich Engels Vicky Krieps como Jenny von Westphalen Olivier Gourmet como Pierre Proudhon Hannah Steele como Mary Burns Eric Godon como o encargado Alexander Scheer como Wilhelm Weitling Hans-Uwe Bauer como Arnold Ruge Stephen Hogan como Thomas Naylor Rolf Kanies como Moses Hess Niels-Bruno Schmidt como Karl Grün Ulrich Brandhoff como Hermann Kriege Marie Meinzenbach como Lenchen Aran Bertetto como Paddy
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes ambientados no século XIX