Making a Door Less Open é o décimo segundo álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Car Seat Headrest, publicado o 1 de maio de 2020 a través do selo Matador Records. Trátase do seu cuarto traballo con esta discográfico e está formado por cancións novas.

Making a Door Less Open marca un cambio de estilo con respecto ao material anterior da banda. A pesar de que Car Seat Headrest é principalmente coñecida polo seu son indie rock e o uso de estética "lo-fi", o estilo do álbum está moi influenciado pola experimentación con 1 Trait Danger, o proxecto paralelo electrónico de Will Toledo e Andrew Katz.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Will Toledo agás "Hollywood", escrito por Toledo e Andrew Katz.

Notas

Categoría:Álbums de Car Seat Headrest Categoría:Álbums musicais de 2020 Categoría:Álbums de Matador Records