O topónimo California pode referirse a: As Californias, rexión administrativa creada en 1776 polo rei Carlos III de España no norte do vicerreinado da Nova España. California, un dos estados que compoñen os Estados Unidos de América, que comprende parte da antiga Alta California. Alta California, porción norte das Californias. Baixa California, porción sur das Californias, que abarcaba a península de California. Despois da independencia de México pasou a ser un estado deste país. Baixa California Sur, estado de México xurdido na división en dúas partes do primitivo estado da Baixa California. Golfo de California, ou mar de Cortés, parte do océano Pacífico comprendida entre a península de California e os estados de Sonora e Sinaloa, ao noroeste de México. Illa de California, Península de California, península que constituía a antiga Baixa California. California, concello do departamento de Santander, en Colombia.