James Donald Halsell Jr., nado en West Monroe (Louisiana), o 29 de setembro de 1956, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-65, STS-83, STS-101, STS-74 e STS-94.

Traxectoria Halsell graduouse en enxeñería pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1978 e é máster en xestión pola Universidade de Troy en 1983, así como máster en operacións espaciais polo Instituto Tecnolóxico da Forza Aérea en 1985.

Foi seleccionado pola NASA en xaneiro de 1990 e converteuse en astronauta en xullo de 1991 despois dun ano de adestramento. Participou nas misións STS-65, STS-83, STS-101, STS-74 e STS-94. Pasou un total de 52,44 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-65 STS-83 STS-101 STS-74 STS-94

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Luisiana