Jésus de Montréal é un filme franco-canadense de 1989 escrito e dirixido por Denys Arcand, e protagonizado por Lothaire Bluteau, Catherine Wilkening e Johanne-Marie Tremblay. O filme conta a historia dun grupo de actores en Montreal que interpretan unha obra da Paixón nunha igrexa do Quebec, combinando crenzas relixiosas con teorías non convencionais dun Xesús histórico.

O filme tivo boas críticas e recibiu numerosos premios, como o premio Genie ao mellor filme e o Premio do Xurado do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1989. Ademais foi candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa na 62ª edición dos premios. Os críticos do Festival Internacional de Cinema de Toronto considerárono un dos dez mellores filmes canadenses de todos os tempos.

Sinopse En Montreal, un actor descoñecido chamado Daniel é contratado por un lugar de peregrinación católico para representar unha obra sobre a paixón de Cristo nos seus xardíns. O párroco, pai Leclerc, pídelle que "modernice" a obra clásica que a igrexa estivo a realizar. A pesar de traballar cun material que outros consideran que é un clixé, Daniel vese inspirado e comeza unha intensa investigación académica sobre a historicidade de Xesús, ao que interpreta el mesmo co nome talmúdico de Yeshua Ben Pantera. Cando se interpreta a obra, recibe excelentes críticas, mais o pai Leclerc considéraa pouco convencional e controvertida, o que fai que se distancie de Daniel.

Personaxes Actor Personaxe Análogo bíblico Lothaire Bluteau Daniel Xesús Catherine Wilkening Mireille María Madalena Johanne-Marie Tremblay Constance Virxe María Rémy Girard MartinPedro Robert Lepage Rene Apóstolo Gilles Pelletier Father Leclerc Xudas Iscariote (posible) Roy Dupuis Marcel Brochu Yves Jacques Richard Cardinal Satanás Cédric Noël Pascal Berger Xoán o Bautista Denys Arcand The Judge Poncio Pilato

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 62ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1989 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Denys Arcand Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes ambientados en Montreal