Hagoromo foi un satélite artificial da axencia xaponesa ISAS lanzado o 24 de xaneiro de 1990 mediante un foguete M-3SII desde o Centro Espacial de Uchinoura.
Características Hagoromo ía acoplado á sonda Hiten e foi liberada para ser inserida en órbita lunar. Tiña unha masa de 12 kg e forma de poliedro de 26 caras, cunha distancia de 36 cm entre caras opostas. No interior do satélite atopábase un retrofoguete de 4 kg de propelente sólido para a inserción lunar. A enerxía para o satélite a proporcionaban células solares situadas en 16 das 26 caras do satélite, proporcinando 10 W de potencia. As comunicacións tiñan lugar en banda S mediante un transpondedor e unha antena dipolo omnidireccional. O satélite non levaba instrumentos científicos e solo transmitía datos relativos ao estado do satélite.
Hagoromo ía acoplado a Hiten, que foi inxectado nunha órbita terrestre elíptica moi alongada que pasaba pola veciñanza da Lúa. Durante a primeira aproximación, o 18 de marzo de 1990, liberou a Hagoromo, convertendo ao Xapón no terceiro país en poñer unha sonda en órbita lunar. O transmisor da sonda fallou o 21 de febreiro de 1990, pero a ignición foi confirmada por observación desde terra. Non houbo máis contactos co satélite.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Hiten
Categoría:Satélites artificiais