Umberto Guidoni, nado en Roma (Italia) o 18 de agosto de 1954, é un astronauta italiano que formou parte das misións STS-75 e STS-100.
Traxectoria Guidoni graduouse en física e ten un doutoramento en astrofísica pola Universidade de Roma en 1978. Fixo o posdoutoramento sobre física do plasma no Centro de Investigación Termonuclear do CNEN entre 1979 e 1980.
En 1989 uniuse á Oficina de Astronautas da Axencia Espacial Italiana. Participou como especialista de carga nas misións STS-75 e STS-100. Entrou no corpo de astronautas da ESA en agosto de 1998. En xullo de 2004 Umberto chegou a ser membro do Parlamento Europeo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-75 STS-100
Categoría:Astronautas de Italia Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Roma