Zhugderdemidiyn Gurragcha, nado en Gurvanbulag (distrito de Bulgan) o 5 de decembro de 1947, é un astronauta mongol que formou parte da misión Soiuz 39.
Traxectoria Gurragcha graduouse en enxeñería aeronáutica na Academia de Enxeñería Militar de Zhukovsky. Pertenceu á Forza Aérea de Mongolia e no ano 2000 foi Secretario de Defensa. Foi parte da misión Soiuz 39, pasando 7,86 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz 39
Categoría:Astronautas de Mongolia Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Mongolia