Os kankuamos, tamén chamados kankuaka, kankui ou kankuané, son un pobo indíxena de Colombia que habita na área que abrangue dende as ladeiras meridionais da Serra Nevada de Santa Marta até o norte do departamento de Cesar, nos correxementos de Atánquez, Guatapurí, Chemesquemena, Los Haticos, La Minha e Río Seco. Localization of the Kankuamo people and language - Pueblos Originarios - consultado o 18 de abril de 2016 O pobo kankuamo, cuxa poboación se estimou nunhas 15 000 persoas no ano 2006, falan o "sánha", unha variedade da lingua atanque da familia lingüística chibcha. As súas leis baséanse na natureza e consideran a Serra Nevada de Santa Marta, a montaña costeira máis alta do mundo, como sagrada. Na súa lingua nativa chámana Umunukunu."Kankuamo people" - Minority Rights - consultado o 18 de abril de 2016 Moitos kankuamo, a maioría deles comerciantes, non falan a súa lingua nativa. Kankuamo people and their languages - Banco de la República - consultado o 18 de abril de 2016 250px|miniatura|Serra Nevada de Santa Marta, fogar do pobo kankuamo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pobos indíxenas de Colombia Ligazóns externas Páxina oficial do cabido kankuamo

Categoría:Pobos indíxenas de Colombia