Aleksei Aleksandrovich Gubarev, nado en Gvardeitsy (Samara) o 29 de marzo de 1931 e finado o 21 de febreiro de 2015, foi un cosmonauta soviético que formou parte das misións Soiuz 17 e Soiuz 28.

Traxectoria En 1950 Gubarev entrou na Escola de Aviación Naval. Serviu na Forza Aérea Soviética despois de graduarse en 1952. En 1961 graduouse na Academia Gagarin da Forza Aérea e foi asignado a unidades de aviación do Mar Negro. En 1963 comezou o adestramento de cosmonauta e participou nas misións Soiuz 17 e Soiuz 28, pasando un total de 37,48 días no espazo. Deixou o corpo de cosmonautas en 1981. Faleceu o 21 de febreiro de 2015.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 17 Soiuz 28

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1931 Categoría:Nados no óblast de Samara Categoría:Finados en 2015