The Hunt é un filme estadounidense de terror satírico de 2020 dirixido por Craig Zobel e escrito por Nick Cuse e Damon Lindelof. Está protagonizado por Betty Gilpin, Ike Barinholtz, Amy Madigan, Emma Roberts, Ethan Suplee e Hilary Swank. Jason Blum foi o produtor baixo o selo de Blumhouse Productions, xunto con Lindelof. Tanto Zobel como Lindelof dixeron que o filme serve como unha sátira da profunda división política nos Estados Unidos entre a esquerda e a dereita.

A estrea do filme estaba prevista orixinalmente para o 27 de setembro de 2019. Porén, por mor dos tiroteos masivos de Dayton e El Paso en agosto de 2019, Universal Pictures decidiu adiar a estrea. The Hunt estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 13 de marzo de 2020. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica e recadou 6 millóns de dólares. A limitada recadación foi atribuída á pandemia por coronavirus de 2019-2020, que provocou o peche mundial das salas de cinema. Universal fixo que o filme estivese dispoñible dixitalmente só unha semana despois da estrea nos cinemas.

Personaxes Betty Gilpin como Crystal Creasey Ike Barinholtz como Moses "Staten Island" Amy Madigan como Miranda "Ma" Emma Roberts como Yoga Pants Ethan Suplee como Gary Hilary Swank como Athena Stone Justin Hartley como Shane Glenn Howerton como Richard Sturgill Simpson como Mr. Whimper "Vanilla Nice" Wayne Duvall como Don Kate Nowlin como Molly "Big Red" Sylvia Grace Crim como Dead Sexy Chris Berry como Boxer "Target" Walker Babington como Bandana Man Jason Kirkpatrick cmo Randy Teri Wyble como Liberty Macon Blair como Oliver "Fauxnvoy" Reed Birney como Julius "Pop" Usman Ally como Crisis Mike J. C. MacKenzie como Paul Steve Coulter como Ted "The Doctor" Dean West como Martin Steve Mokate como Sgt. Dale Hannah Aline como Kelly "Flight Attendant" Tadasay Young como Nicole Jim Klock como Cpt. O'Hara

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Craig Zobel Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en Nova Orleáns Categoría:Filmes producidos por Jason Blum Categoría:Filmes de Blumhouse Productions