A IV dinastía do Antigo Exipto caracterízase por ser a idade de ouro do Imperio Antigo de Exipto. Durou desde ca. 2613 ata o 2494 a. C. Foi un momento de paz e prosperidade, durante o cal documéntase comercio con outros países.

thumb|260x260px|Esfinxe de pedra calcaria pintada de Hetepheres II, posiblemente a primeira representación dunha esfinxe, foi unha das membros que máis lonxevo da familia real da IV dinastía, filla de Queops, muller de Djedefre e viviu no reinado de Shepseskaf.

A IV dinastía anunciou o inicio da era da construción das pirámides. A relativa paz da III dinastía permitiu aos gobernantes da IV dinastía adicarse a actividades máis artísticas e culturais. Os experimentos de construción do faraón Snefru levaron á evolución desde as pirámides de estilo mastaba ata as pirámides “verdadeiras” de cara lisa, como as da meseta de Gizeh. Ningún outro período da historia antiga de Exipto igualou os logros arquitectónicos da IV dinastía. Exipto: Terra e Vida dos faraóns revelados, (2005), pp. 80–90, Global Book Publishing: Australia Cada un dos gobernantes desta dinastía encargaron polo menos unha pirámide para servir como tumba ou cenotafio.

A IV dinastía foi a segunda de catro dinastías que conformaron o Imperio Antigo. O rei Snefru, o primeiro faraón da IV dinastía, ocupou o territorio que vai desde a antiga Libia no oeste ata a península do Sinaí no leste ata a Nubia no sur. Foi un período exitoso e esta época é coñecida polo seu avance e concentración do goberno, como se pode ver na construción organizada de pirámides e outros monumentos.

A comprensión do Imperio Antigo provén principalmente destas estruturas e obxectos descubertos nos cemiterios desérticos de Gizeh.

Faraóns +Faraóns da IV dinastíaNome común Nome de Horus Datas Pirámide Nomes das esposas Snefru Nebma'at 2613–2589 a. C. Pirámide vermella Pirámide curvada Pirámide en Meidum Hetepheres I Queops Medjedu 2589–2566 a. C. Gran Pirámide de Gizeh Meritites I Henutsen Djedefre Kheper 2566–2558 a. C. ? Pirámide de Djedefre Hetepheres II Khentetka Quefrén Userib 2558–2532 a. C. Pirámide de Quefrén Meresankh III Khamerernebty I Hekenuhedjet Persenet Micerinos Kakhet 2532–2503 a. C. ? Pirámide de Micerinos Khamerernebty II Shepseskaf??2518–2510 a. C. ?Banco do faraón en SaqqaraBunefer

Liña temporal da IV dinastía

Snefru O rei Sneferu, encomiado como "aportador de beleza", "Mestre de toda a xustiza", "Gobernador do Nilo superior e baixo", foi o primeiro faraón da IV dinastía. Descendía dunha familia do Exipto Medio que vivía preto de Hermópole e probablemente ascendeu ao trono ao casar cunha herdeira real. Aínda hai debate sobre quen foi o seu pai, moitas veces acredítse a Huni, pero isto non se pode confirmar debido á ruptura nas dinastías. A súa nai, Meresanhk I era unha muller menor ou unha concubina de Huni que, se fose isto último, tecnicamente non contaría como sangue real.

Exipto no III milenio a. C. era, por certo, unha terra de paz e de abundancia. As elites comían normalmente patos e gansos cebados e levaban roupas brancas finas, cando levaban roupa. Snefru tiña unha opinión moi elevada de si mesmo, demostrouno cando navegou nun barco polo Nilo cuberto só con mallas.

Ata o seu reinado, os faraóns exipcios pensaban que eran encarnacións mundanas de Horus, obtendo a deificación total exclusivamente na morte. Snefru foi o primeiro rei en proclamar que era a encarnación de Ra, outra divindade solar. Queops seguiría o camiño do seu pai, tomando o nome de Fillo do Deus Sol.

En xeral, Exipto estaba gobernado por dous centros de poder: a autoridade legal e a autoridade tradicional. A autoridade xurídica constituía o goberno do faraón, non directamente sobre as persoas, senón a treves de visires e nomarcas. A autoridade tradicional derivaba do concepto de que as deidades daban ao faraón o dereito divino de gobernar como quixera. No dondo, o goberno exipcio da IV dinastía organizouse para que só o faraón puidese dirixir a autoridade tradicional.

A Pirámide curvada foi o primeiro intento de Snefru de construír unha estrutura perfecta, pero se curva e finalmente se inclina a un ángulo inferior, dándolle á estrutura un aspecto esmagado. A súa Pirámide Vermella é considerada como a primeira pirámide verdadeira e obtivo o seu nome da tinta avermellada na pedra calcaria utilizada. A Pirámide Vermella considérase a primeira pirámide, aproximadamente 150 anos despois das estruturas construídas polo faraón Zoser. A Pirámide Vermella foi a primeira que tivo unha base sólida o bastante estable para soster un edificio máis alto. Tamén se di que é o responsable da constución dunha serie de pirámides en Seila. Encargou un total de tres pirámides, pero hai rexistros que apuntan a unha cuarta. Aínda que non construíu ningunha das pirámides en Gizeh, é coñecido como o rei que moveu máis pedras e ladrillos. Moitas das expedicións políticas e militares de Snefru foron a outros países para conseguir dúas cousas: unha forza de traballo substancial e acceso a unha gran variedade de materiais. Viaxou a Nubia e Libia por estas cousas. As súas incursións nestas áreas permitiron a Snefru conseguir unha gran cantidade de man de obra, tan grande, de feito, que provocou unha enorme devastación nos países atacados. Tamén precisaba gando vacún e outras fontes de provisións para alimentar ás persoas que construían as súas pirámides. Ao finalizar as súas campañas militares, conseguiu capturar 11.000 prisioneiros e 13.100 cabezas de gando.

Faraón Queops Queops, o sucesor de Snefru, aínda que non está claro se era fillo biolóxico de Snefru, foi un faraón moi coñecido. Aínda é moi coñecido nos medios de comunicación actuais, estando presente en películas, novelas e programas de televisión. A súa fama deriva da súa pirámide na meseta nordeste de Gizeh, onde foi enterrado. O seu templo mortuorio construíuse no extremo norte da pirámide, que xa non é accesible debido aosgraves estragos producidos polos ladróns. Só recuperáronse relevos en tres dimensións que perduraron ata os nosos días, incluíndo moitos bustos de calcaria e figuras de arxila. As actividades de Queops dentro e fóra de Exipto non están ben documentadas (agás o seu traballo de arquitectura) e estivo moi romanticizada polos gregos antigos. Estes gregos pensaron que queops era un home malvado que ofendeu ás divindades e forzou aos seus súbditos a escravitude.> Pero, por que foi isto? Creíase que Queops, fillo de Snefru, era ilexítimo e, polo tanto, indigno do trono. Aínda que fose o verdadeiro fillo de Snefru, fixo pouco para expandir o país de Exipto e non conseguiu seguir os pasos de seu pai. Hai só algúns rexistros que declararon estar involucrado en actividades políticas. A mellor conxetura que os historiadores poden facer é que hai probas de que mandou construír un porto na costa do mar Vermello que foi escavado por John Gardner Wilkinson e James Burton en 1823.

Faraón Djedefre

Os historiadores acreditan a Djedef cun reinado de oito anos. Non se sabe moito de Djedef, incluído a súa liñaxe inconclusa. É posible que fose o fillo de Queops ou que mesmo fose o seu irmán. Suxírese amplamente que era fillo dunha raíña menor que asasinou o herdeiro lexítimo do trono e o irmán biolóxico de Djedef, o príncipe herdeiro Kawab. Djedef optou por construír a súa pirámide a varios quilómetros ao norte de Gizeh, creando a especulación de que houbese unha disputa familiar que provocou que Djedef quixera estar lonxe da tumba de Queops. Unha conclusión máis favorable é que Djedef elixiu ser enterrado máis preto de Iunu, o centro do culto a Ra. A súa pirámide tamén presenta unha estatua da súa muller, Hetepheres II, en forma de esfinxe. Era filla de Queops e fora esposa de Kawab. Ás veces suxírese que esta foi a primeira esfinxe verdadeira, aínda que hai un debate sobre a esfinxe en Gizeh que foi imputada a Quefrén. Converteuse no membro real máis lonxevo da dinastía vivindo no reinado de Shepseskaf.

Faraón Quefrén Quefrén, fillo de Queops, sucedeu ao seu suposto irmán, Djedefre, despois do seu breve reinado. Elixiu construír a súa pirámide preto do seu pai, combinándoa con estilo e sendo case tan grande. Na parte diaanteira da calzada da pirámide atópase a Grande Esfinxe que se di que ten os seus trazos físicos. Aínda debátese sobre se a súa Esfinxe foi erguida antes que a de Djedefre. A esfinxe de Quefrén era coñecida e estaba máis próxima aos seus súbditos, sendo máis difícil determinar cal construíuse primeiro debido ao mantemento de rexistros sesgados.

thumb|Micerinos e Khamerernebty II, a súa irmá-esposa

Faraón Micerinos Como moitos faraóns desta dinastía, o seu reinado é incerto, estimado en máis de 63 anos pero certamente pode ser unha esaxeración. Micerinos sucedeu ao seu pai, o faraón Quefrén. A súa pirámide é a terceira e a máis pequena das de Gizeh e coñécese como Netjer-er-Menkaure, que se traduce como "Micerinos é divino". Atopouse un sarcófago dentro da pirámide, de aproximadamente 2´44 m. de longo e 91 centímetros de alto, feito de basalto. Como moitas das pirámides anteriores, a de Micerinos non estaba inscrita, o interior non ten ningún tipo de rexistro.

Faraón Shepseskaf Shepseskaf é xeralmente aceptado como o último faraón da IV dinastía, sucedeo a Micerinos. Non hai probas concluíntes de quen é a súa nai, aínda que se cre que era fillo dunha raíña menor. Tampouco se sabe quen foi a súa muller. Shepseskaf rompeu a cadea de construción de pirámides dos cinco faraóns anteriores. No canto dunha pirámide triangular, optou por construír un bloque rectangular, coñecido como Mastabat al-Fir’aun ("Plataforma do faraón"). De xeito similar, porén, atopouse un pequeno escrito dentro da súa tumba e foi enterrado en termos moi sinxelos.

Faraóns posteriores Baka

A identificación deste faraón non está resolta.Peter Jánosi: Giza in der 4. Dynastie. Die Baugeschichte und Belegung einer Nekropole des Alten Reiches. vol. I: Die Mastabas der Kernfriedhöfe und die Felsgräber, Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Wien 2005, , page 64–65. Sobreviviron varias listas de antigos faraóns. Pero non concordan, e ningunha delas pode considerarse completa. A lista de faraóns de Turín ten unha lagoa entre Quefrén e Micerinos, onde o autor tiña listado un faraón que reinaba entre estes dous faraóns. O nome do faraón e a duración do reinado pérdense completamente na lagoa.Wolfgang Helck: Untersuchungen zu Manetho und den ägyptischen Königslisten, (= Untersuchungen zur Geschichte und Altertumskunde Ägyptens, Bd. 18), Leipzig/ Berlin 1956, page 52 A Tabela de Saqqara tamén observa un faraón entre Quefrén e Micerinos, pero tamén aquí perdeuse o nome.Aidan Dodson, Dyan Hilton: The Complete Royal Families of Ancient Egypt, The American University in Cairo Press, London 2004, , page 61 Algúns estudosos equiparaon a este faraón con Bikheris, na lista de Manetón, que podería corresponder ao nome exipcio Baka ou Bakare.

Khentkaus I Quizais a evidencia máis intrigante da IV dinastía é o status de Khentkaus I, tamén coñecida como Khentykawes. Ela era filla de Micerinse e a súa tumba construíuse ao longo da calzada de Micerinos. Pode que gobernase como raíña.

A súa tumba é unha gran mastaba, con outra mastaba descentrada colocada enriba dela. A segunda mastaba non puido centrarse coa mastaba principal debido ao espazo libre, sen apoio, das habitacións de abaixo.

Nunha porta de granito que leva á súa tumba, Khentkaus I recibe títulos que poden lerse como nai de dous faraóns do Exipto superior e inferior, como nai do faraón do Exipto superior e inferior e faraón do alto e baixo Exipto , ou, como o le un estudoso, faraón do Exipto superior e inferior e nai de dous reis do alto e baixo Exipto.