GLOMR (acrónimo de Global Low Orbiting Message Relay Satellite) foi un satélite artificial da axencia estadounindese DARPA lanzado o 30 de outubro de 1985 desde a bodega de carga do transbordador espacial Challenger.
Características A misión de GLOMR foi probar a capacidade de recoller datos enviados por estacións remotas, almacenalos e retransmitilos ao seu destino. O satélite foi construído por Defense Systems Inc. (DSI) e Rockwell e consistía nun poliedro de 62 caras sen ningún tipo de estabilización. Inicialmente ía ser lanzado coa misión STS-51-B, pero un problema nas baterías fixo que se devolvera a terra. Finalmente voou na misión STS-61-A. Reentrou na atmosfera o 26 de decembro de 1986
GLOMR foi sucedido por SECS, un satélite con funcións semellantes pero máis avanzado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Transbordador espacial Challenger STS-61-A MACSAT SECS
Categoría:Satélites artificiais