A Super Bowl LIV foi a 54ª edición da Super Bowl e a 50ª final da era moderna da National Football League (NFL) de fútbol americano. O partido xogouse o 2 de febreiro de 2020 no Hard Rock Stadium de Miami Gardens, Florida (Estados Unidos), ante 62.417 espectadores. Esta foi a décimo primeira Super Bowl que acollida no sur do estado de Florida.
O partido enfrontou aos campions da National Football Conference (NFC), San Francisco 49ers, contra os campións da American Football Conference (AFC), os Kansas City Chiefs. A vitoria foi para os Chiefs por 31−21, sendo nomeado mellor xogador do encontro o quarterback Patrick Mahomes. Mahomes conseguiu facer 26 pases de 42 intentos para 286 iardas (dous touchdowns, dúas intercepcións) e correr 29 iardas (un touchdown).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da National Football League Sitio web oficial da Super Bowl en nfl.com
Super Bowl 054 Categoría:Deporte en 2020 Categoría:Deporte en Florida Categoría:Miami