GEOS 3 (acrónimo de Geodetic Earth Orbiting Satellite) foi un satélite artificial da NASA lanzado o 9 de abril de 1975 mediante un foguete Delta 1410 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.

Características A misión de GEOS 3, ao igual que a dos seus predecesores Explorer 29 (GEOS 1) e Explorer 36 (GEOS 2), foi realizar estudos xeodésicos. GEOS 3 non pertencía ao programa Explorer. O satélite tiña forma de octaedro de 1,22 m de diámetro e 1,11 m de altura coroado por unha pirámide truncada cun reflector parabólico na parte contraria. Un mastro estendíase 6,1 m a partir da pirámide truncada un anel de retrorreflectores láser rodeaba a antena parabólica.

Entre os obxectivos de GEOS 3 estaba un experimento de altimetría para calibrar outros sistemas de radar en banda C e facer un experimento de seguimento entre satélites xunto co satélite ATS 6 usando tranpondedores en banda S.

Instrumentos GEOS 3 levaba a bordo sete instrumentos:

Sistema de retrorreflectores. Dúas antenanas en banda C. Unha antena en banda S. Unha antena de retransmisión ATS. Unha antena en VHF. Un altímetro radar. Unha baliza Doppler.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Delta 1410 Explorer 29 Explorer 36

Categoría:Satélites artificiais